jueves, 13 de noviembre de 2008

rota do domingo

O domingo 16 de novembro do 2008 imos facer a rota dunha parte do camiño de Santiago que pasa pola poboa do brollón.

Tramo dende a Labrada do Lor ata a Póboa do Brollón.(8.5km)

Hora de saída da Ferreirúa as 10.30h

A DISFRUTALO!!!!!!!

lunes, 10 de noviembre de 2008

Próxima rota...

A vindeira fin de semana irémonos de rota...!!!se o tempo no lo permite!!!

Estamos en contacto.

martes, 7 de octubre de 2008

Sendeirismo Somiedo (27 e 28-9-2008)






Somiedo 2008

Comezamos a nosa nova aventura, co fin de chegar a Asturias, (porque, dende un principio ninguén sabía cómo se chamaba ó pobo a onde teriamos que ir, agás Carlos que se atopaba en Santiago cos seus ¨ cursillos ¨.)
O medio de transporte era dende a Ferreirúa o coche da Pili, que según ela, se excedésemos o peso o coche iríamos máis lento, ¨ có que eso non sería moi difícil ¨. Ó chegar a Bóveda incorporaríase Emi.
Cando chegamos a Lugo, esperábanos Pepe, onde no seu coche iríamos: él, o meu pai e eu. Pepe, para non perderse puxo o Gps, e non, ¨ non me refiro ó can que nos guiou na anterior andarola ¨. No Gps puxemos Cua, que pensábamos que era o nome do pobo, que ó final resultou que se chamaba ¨ Gúa ¨. Do traxecto non podo contarvos máis, porque me quedei durmido, só que mandei parar para poder mexar.
Antes de chegar a Gúa, tiñamos que parar a probar a famosa sidrina que caracteriza a Asturias. Pero cando chegamos non nos demos conta que nos pasaramos ese pobo. Volta a atrás. Alí collimos 2 botellas e probárona, eu servina.
Chegou un momento que dudamos se o Gps nos levaba ven, así que utilizamos o segundo Gps alias ¨ Casto ¨, e resulta que íbamos ben.
Xa en Gúa, buscamos un albergue onde pasar a noite, e encontramos un con función de apartamento. Aí é onde xurdiu o primeiro conflicto, Pili quería que durmira coas mulleres, eu por suposto, negueime rotundamente, e ó final durmimos os dous sexos separados. Nese albergue, o xefe debía de ser un ¨ rácano ¨, xa que non nos quería dar unas sabas por ¨ camas ¨, esto póñoo entre comiñas porque eran 2 camas e 2 sofás camas/ habitación, grazas a Pepe, que levaba un saco para durmir e así non tiberamos que reclamar nada máis.
Entre todo, Casto fixo una nova amizade có xefe de aí.
Pola noite comemos nun bar-restaurante onde, a miña ilusión era ver ó Barça xogar, e resulta que en Somiedo non hai sexta, que indignante.
Despois antes de ir á cama, fomos ata un pub, onde resultou que había un futbolín, có que a parella pai-fillo venceu a Carlos-Pepe.
Pola maña, fomos á andarola, eran 12kms, que na ida case meu pai, Pili e eu desfalecemos pola costa. Polo demáis era todo moi bonito.
De volta a Somiedo, atravesamos o lago e despois o bosque baixando por una gran pendente.
Era a 1 e media e quería ver correr ó Alonso que comezaba ás 2, pero entre pitos e frautas chegamos tarde.
No bar, debatemos se comiamos fóra ou dentro, eu non lles fixen caso e comín dentro e con eso vin gañar ó Alonso que partía de 15º.
Xa na volta, só nos quedaba ir a outros 2 lagos moi famosos e tivemos que recorer outros 2 kms “ esto non acababa ¨. Disfrutamos das boas vistas e así remataba a nosa visita a Asturias.
No viaxe de volta non me acordó de nada porque volovín a quedar durmido.
Fomos a Lugo có coche do Pepe. Alí separámonos e meu pai e eu fomos có coche da Pili ata Sarria, posteriormente Ferreirúa.
Alí tamén quedei durmido.
En Sarria quedei na casa e despedinme da Pili e así acabou a miña aventura.

José Ignacio Parada

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Saída a Somiedo II

Este sábado-se as circunstancias o permiten iremos a Somiedo a pernoctar e logo facer sendeirismo...O aloxamento é: http://www.miradordelparque.com/.

Ata pronto.
Carlos.

fotos rota nocturna

Proximamente se colgarán as fotos que faltan da rota nocturna.
Problemas técnicos fixo imposible que saíran no blog.
Apertas.

lunes, 25 de agosto de 2008

Crónica

SEGUNDA MARCHA NOCTURNA, AGOSTO DO 2008


(Algúns dos participantes da ruta)

Venres 22 de agosto, 23:45 da noite e todos estamos xa preparados para empeza – la marcha, sen embargo, e esperando por algún rezagado que finalmente non se atreveu cá aventura, non foi ata a medianoite cando as 22 persoas alí reunidas comezamos a partida co apoio dun coche escoba por si algún dos participantes tivera algún problema ó longo da ruta.
O primeiro tramo foi sinxelo, aínda que algúns estiveron tentados a atallar pola Lóngara pensando quizais nos 8 km que restaban, pero finalmente seguiron adiante (pensando seguramente no premio final). Seguimos avanzando (non podo dicir lentamente) nunha leve subida ata a Área Recreativa, aquí comezou o difícil, cunha gran subida duns 300 metros ata o Calderillas que case remata cos pulmóns dalgúns valentes, xa que o silencio era absoluto ata que empezamos a descender. Baixamos polo o Acevedo e a Costa, visualizando os núcleos de poboación da zona, os cales provocaban confusión entre os nativos do lugar. Pero, eso si, todos coincidían en que a música que se oía proviña das festas de Santalla. Pasamos por Marcón e dende alí decidimos alargar un pouco máis a ruta pola Lóngara e acurtando pola pista que divide os Pedredos e o Agro, a nosa meta estaba preto.
Chegamos ó local social ó redor das 2:30 h da madrugada, hipnotizados todos por un único e suculento pensamento: un bo xamón galego, queixo do país e un viño da zona.
Foi unha boa noite na que nos acompañou o bo tempo e a boa harmonía do grupo, esperando atoparnos todos de novo na próxima ruta que se levará a cabo en Somiedo (Asturias) probablemente a finais de setembro. Irémosvos informando.

¡¡ ESPERAMOSVOS!!

Cristina Maceda

miércoles, 23 de julio de 2008

ROTA NOCTURNA

O vindeiro venres 22 de agosto será o dia elexido para facer a segunda rota de sendeirismo nocturna polo entorno próximo da ferreirúa.



Seguiremos informando...

miércoles, 11 de junio de 2008

SAÍDA A SOMIEDO

A fin de se semana do 27, 28 e 29 de xuño iremos a facer sendeirismo a Somiedo, coma sempre hai a posibilidade de marchar o venres ou ó sábado logo de xantar, poderemos quedar a durmir no albergue de Salienza, sería convinte confirmar asistencia antes do 18 de xuño para non ter problemas de prazas.

Hai vai un pouco de información sobre a zona e as rotas...

Somiedo (en asturiano, Somiéu) é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias. Limita ó norte con Belmonte de Miranda, ó este con Teverga, ó oeste con Tineo e Cangas de Narcea e ó sur con León.
É o segundo concello con menor densidade de poboación. Todo el forma parte do Parque Natural de Somiedo, sendo declarado Reserva da Biosfera.

O concello de Somiedo ten 15 parroquias: Aguino, Clavillas, Corés, El Coto, El puerto, Endroga, Gúa, La Riera, las Morteras, Pigüeña, Pigüeces, Pola de Somiedo, Valle de Lago, Veigas, Villar de Vildas.
O número de habitantes é de 1544 é a superficie en kilómetros cadrados son 291,38

Información Wikipedia...

jueves, 5 de junio de 2008

A saída a Burbia en palabras...

Hora da sesta na Ferreirúa, os macutos xa están listos dende hai algúns intres, máis a climatoloxía parece que quere nubrar os nosos desexos de pasala fin de semana en Burbia.

Somos tod@s puntuais agás un par que se retrasan - supoñemos que polo efecto de morfeo - logo de organizarnos saímos cara a nosa expedición particular, perto de Ponferrada recibimos a chamada do membro que nos esperaba en Cacabelos - os tempos de espera non son agradables e menos cando se está só - logo de xuntarnos emprendemos o último tramo en coche, xa por carreteras de montaña, ata o noso punto de destino.

Unha vez que chegamos ó albergue e nos recibe Julio inspeccionamos a instalación e relacionámonos con catro montañeiras que xa levan dende o venres no pobo.

Facemos tempo ata a hora da cea e inevitablemente sae o tema estrela destes días “chiquilicuatre” teño que recoñecer que case rematei aprendéndome tanto a canción coma o baile, a pesares de ir contra os meus principios…

Logo de cear dirixímonos a un dos bares do pobo onde facemos uso do futbolín e da barra e nos dedicamos a arranxar o mundo…

A retirada faise a unha hora prudencial pero hai algúns que se dedican a velas estrelas e escoitar os ruídos da noite, que non son coma os da Ferreirúa, pero pódenselle parecer...

Logo dunha noite tranquila - desperezámonos uns antes que outros- e poñémonos a almorzar, bastante ben por certo, e deseguido preparamos a mochila e iniciamos a andaina.

Os primeiros kilómetros cara campo del agua son suaves e fanse aínda máis agradables pola presenza dun pequeno compañeiro de viaxe - o can guía oficial desta rota - o cal nos serve de distracción.

As primeiras subidas son por un sendeiro no que a maleza nos vai dando na pel, pero a pesar dalgunhas queixas rematamos este tramo e xa temos unha visión xeral da rota que estamos a facer...

O seguinte tramo e por unha pista en boas condicións coa única dificultade que é toda en ascención - subiremos dende os 900mts ata os 1300mts - transcorre toda con normalidade e logo dunha hora de camiñar decidimos tomar un aperitivo, ó mesmo tempo que disfrutamos das vistas e da compaña de cabalos e vacas que se moven libremente.

Unha vez repostas as forzas seguimos rota hacia campo del agua, o grupo escomenza a desperdigarse antes de chegar ó regueiral, pero voltamos a xuntarnos todos en campo del agua, logo dunha pequena parada decidimos escomenzar a volta e paramos a xantar no regueiral.

Disfrutamos dun día incluso soleado por momentos o cal nos acompañou no descenso ata ben perto do final que foi cando escomenzou a chover.

Imos chegando a Burbia en grupos separados e xuntámonos no bar El paso, as caras reflicten os 24 km que vimos de “paterar” ...

A volta ó fogar está próxima e @s que non conducen poderán dormir as dúas horas de traxecto ata a Ferreirúa.

As próximas rotas xa quedan marcadas para o 28 de xuño en Somiedo e para o 22 de agosto a rota nocturna pola Ferreirúa.

A rota e o lugar merecen a pena e as sensacións foron moi positivas...

Esperámoste!!!

Moito obrigado.


Carlos.

lunes, 26 de mayo de 2008

Sendeirismo en Burbia: 24-5-08

Logo de chegar a Burbia o sábado, tocou acomodarse e aclimatarse á altura-lembramos que nos atopamos a 900 mts de altura sobre o nivel do mar- e como somos vos profesionais fixémolo visitando o entorno próximo...ahí van unhas fotos das tarefas ás que nos adicamos...


sábado, 24 de mayo de 2008

Burbia

Burbia é un pobo típico de montaña que se atopa situado ó noroeste da provincia de León, limitando con Galiza, aínda que non ten unha vía de comunicación directa con esta.

Pertence ó concello de Vega de Espinareda, situándose dentro dos Ancares Leoneses, a 20 kilómetros da capitalidade municipal.

Ten unha altitude media de 900mts sobre o nivel do mar e a poboación é de 110 habitantes.

Atópase rodeado de cumios significativos para os que gostan de facer sendeirismo, polo que é un referente para practicar actividades na natureza.

A rota de sendeirismo máis practicada é a de campo del agua que ten unha distancia aproximada de 24 km de ida e volta, tamén se poden facer ascensos ó cuíña, corno maldito, etc....



http://es.geocities.com/burbiaes/