Mostrando entradas con la etiqueta lor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lor. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de marzo de 2021

Ruta do Ouro e do Camiño Real. Margaride. Quiroga.

 

Ruta interesante!

Son 15.50 km de distancia e sobre 5h e 30 minutos de duración. Dificultade media-alta. Na que se sube e baixa de xeito habitual.

O acceso é en Margaride na LU-5003, logo de desviarse da N-120 que une Ourense con Ponferrada.

Enlace da ruta do Concello Quiroga.

Cando a fixen había algún tramo que non estaba sinalizado, sobor de todo perto de Cobas.

https://gl.wikiloc.com/rutas

Vídeo da ruta

O pobo de Margaride ven merece unha visita aínda que non se vaia facer a ruta, pola decoración do pobo e as minas de ouro e a exposición que ten da catapulta, etc. Ten moi perto o rio lor e os pregamentos na montaña de freixeiro, etc...








viernes, 6 de noviembre de 2015

Ruta de Salcedo a Froxán

A Ruta é un tramo da ruta do río Lor (50km+/-) que vai dende o Cebreiro ata a desembocadura do río lor no  Río Sil en Augasmestas, xa no concello de Quiroga.

Está ruta dende Salcedo ata Froxán, ten 12.5km aproximadamente de distancia e discorre a carón do río lor, pasando por zonas de sequeiros de castañas tanto nas proximidades de Froxán, no Concello de Folgoso do Caurel, como en paramedela xa en Salcedo no Concello da Póboa do Brollón.
Pode facerse en 3h e 30 minutos aproximadamente.
A dificultade e media, pois a maior parte do percorrido faise por un sendeiro  subindo e baixando con respecto o nivel do río Lor.

Tamén é posible facer a ruta de ida e volta, ben saíndo dende Salcedo ou dende Froxán.