lunes, 14 de noviembre de 2022

Ruta de Sendeirismo do Rio do Ouro. Fazouro.

 Ruta de case 12 km de distancia e de 2.5 horas. Dificultade baixa, pois case non ten desnivel.


Non se atopa moi ben sinalizada, pero pódese seguir ben, non deixando de lado o Rio do Ouro.


Aqui tedes un vídeo da ruta.

Ruta Sendeirismo dende Foz ata Burela

 Ruta de 19 km e unha duración de máis de 4 horas. A dificultade que presenta é a distancia, máis non ten moito desnivel e as vistas ó carón do mar Cantábrico ven merecen a pena.

Bastante ben sinalizada, agás un tramo en Cangas de Foz no que hai sinais que faltan. Pertence a 3ª Étapa "Al camino Natural de la Ruta del Cantábrico".


A volta ata Foz fixémola en taxi (18 euros).


Deixo un vídeo da ruta feita a finais de Outubro.


Moi recomendable e con zonas para tomar algo a medio camiño,

domingo, 9 de octubre de 2022

Ruta Arqueolóxica do Covallón. San Clodio

 Ruta de 4.5 km +/- de 1h 30´de duración no concello de San Clodio, na provincia de Lugo pertencente o Xeoparque de montañas do Caurel.

Para chegar o punto de inicio da ruta imos a San Clodio e deixando a estación de tren á nosa dereita seguimos paralelos á vía ata atopar a carretera de Soutordei. Unha vez no pobo, cruzámolo en dirección á Louxadelas, antes de empezar a baixar ata este pobo atopamos, nun descampado, os paneis de inicio da ruta.

A dificultade é media/baixa pois hai que subir e baixar constantemente, pero de pouca duración. Apenas ten zonas de sombra, polo que en tempos soleados non é moi recomendable. 

Vistas panorámicas moi boas.


Vídeo.


Fotos













lunes, 9 de mayo de 2022

Ruta da Empardeada. Sober. Lugo

 Ruta pertencente ó concello de Sober na provincia de Lugo.

Son entorno a 6 km, a versión orixinal está sinalizada e é de ida e volta. Non hai moito sitio para aparcar na zona de inicio. recoméndase empezar na igrexa de Barantes.

 Hai outras variantes, pero sen sinalizar.

 Ruta noutras aplicacións....

 

https://www.relive.cc/view/vQvynkrG8KO

 

 







 

 

 

lunes, 7 de febrero de 2022

Ruta San Vitoiro -Minas de Veneira de Roques. A pobra do brollón.

 Ruta lineal dende a  Capela de San vitoiro ata as minas da Veneira de Roques. Pasas polo pobo de cobadelas.

Pertence o concello da póboa do brollón na provincia de Lugo.

PRG 242.


Son  6.2 km de 2 horas 20 minutos aproximadamente de duración na ida. 

Se a fas de ida e volta pode levarche algo menos das catro horas.

Dificultade media. Ten algún tramo de subida pronunciada.


Deixo un vídeo.

Ten algunha casa de aluguer tanto en cobadelas coma na veneira.













domingo, 9 de enero de 2022

Esquí en Alto Campoo. Santander.

 Entrada para cando vaias a esquiar a Alto Campoo, en Santander.


Unha localidade próxima é Reinosa, ten os servizos básicos e atópase a 30¨aproximadamente da estación de Esquí.


O forfait son sobre 34 Euros e podes alugar o material por 18-21 Euros. Tes a posibiliade de alugalo con anterioridade por internet por 12 Euros aproximadamente.


Vídeo Pista Peña Labra:  https://www.relive.cc/view/vYvr4pBKzx6


Vídeo de parte da pista de Peña Labra:  https://www.relive.cc/view/vRO7VrwBgKv