jueves, 5 de junio de 2008

A saída a Burbia en palabras...

Hora da sesta na Ferreirúa, os macutos xa están listos dende hai algúns intres, máis a climatoloxía parece que quere nubrar os nosos desexos de pasala fin de semana en Burbia.

Somos tod@s puntuais agás un par que se retrasan - supoñemos que polo efecto de morfeo - logo de organizarnos saímos cara a nosa expedición particular, perto de Ponferrada recibimos a chamada do membro que nos esperaba en Cacabelos - os tempos de espera non son agradables e menos cando se está só - logo de xuntarnos emprendemos o último tramo en coche, xa por carreteras de montaña, ata o noso punto de destino.

Unha vez que chegamos ó albergue e nos recibe Julio inspeccionamos a instalación e relacionámonos con catro montañeiras que xa levan dende o venres no pobo.

Facemos tempo ata a hora da cea e inevitablemente sae o tema estrela destes días “chiquilicuatre” teño que recoñecer que case rematei aprendéndome tanto a canción coma o baile, a pesares de ir contra os meus principios…

Logo de cear dirixímonos a un dos bares do pobo onde facemos uso do futbolín e da barra e nos dedicamos a arranxar o mundo…

A retirada faise a unha hora prudencial pero hai algúns que se dedican a velas estrelas e escoitar os ruídos da noite, que non son coma os da Ferreirúa, pero pódenselle parecer...

Logo dunha noite tranquila - desperezámonos uns antes que outros- e poñémonos a almorzar, bastante ben por certo, e deseguido preparamos a mochila e iniciamos a andaina.

Os primeiros kilómetros cara campo del agua son suaves e fanse aínda máis agradables pola presenza dun pequeno compañeiro de viaxe - o can guía oficial desta rota - o cal nos serve de distracción.

As primeiras subidas son por un sendeiro no que a maleza nos vai dando na pel, pero a pesar dalgunhas queixas rematamos este tramo e xa temos unha visión xeral da rota que estamos a facer...

O seguinte tramo e por unha pista en boas condicións coa única dificultade que é toda en ascención - subiremos dende os 900mts ata os 1300mts - transcorre toda con normalidade e logo dunha hora de camiñar decidimos tomar un aperitivo, ó mesmo tempo que disfrutamos das vistas e da compaña de cabalos e vacas que se moven libremente.

Unha vez repostas as forzas seguimos rota hacia campo del agua, o grupo escomenza a desperdigarse antes de chegar ó regueiral, pero voltamos a xuntarnos todos en campo del agua, logo dunha pequena parada decidimos escomenzar a volta e paramos a xantar no regueiral.

Disfrutamos dun día incluso soleado por momentos o cal nos acompañou no descenso ata ben perto do final que foi cando escomenzou a chover.

Imos chegando a Burbia en grupos separados e xuntámonos no bar El paso, as caras reflicten os 24 km que vimos de “paterar” ...

A volta ó fogar está próxima e @s que non conducen poderán dormir as dúas horas de traxecto ata a Ferreirúa.

As próximas rotas xa quedan marcadas para o 28 de xuño en Somiedo e para o 22 de agosto a rota nocturna pola Ferreirúa.

A rota e o lugar merecen a pena e as sensacións foron moi positivas...

Esperámoste!!!

Moito obrigado.


Carlos.

No hay comentarios: