sábado, 9 de abril de 2011

Trail polo Caurel o 17-4-2011



Aínda que non sexa para facer nos...ou si!!! poño a referencia dunha proba que vai hacer a próxima fin de semana (17-4-2011) polo Caurel, por si algún vos animades.

Aquí queda o enlace da empresa que o organiza.

www.galiciamaxicatrail.com

martes, 5 de abril de 2011

Fotos da ruta de Sendeirismo pola serra da lastra

O domingo puidemos realizar a ruta que no seu dia aplazaramos por mor do mal tempo, a espera mereceu a pena, pois o día acompañounos e a zona merece moito a pena!!!
Foron pouco máis de duas horas de camiño perto do río sil e por zonas tupidas de árboreda, pasando asemade por un forno de Cal, ata chegar a Cobas e disfrutar dunha sobreira milenaria...para rematar tomando un refrixerio na casa de turismo rural Chao do Prao, xa no pobo de vilar de Silvas, ...en fin, que a mañá foi fructifera!!!

Aqui quedan unhas poucas fotos para lembrar por onde andivemos.