SEGUNDA MARCHA NOCTURNA, AGOSTO DO 2008
(Algúns dos participantes da ruta)
Venres 22 de agosto, 23:45 da noite e todos estamos xa preparados para empeza – la marcha, sen embargo, e esperando por algún rezagado que finalmente non se atreveu cá aventura, non foi ata a medianoite cando as 22 persoas alí reunidas comezamos a partida co apoio dun coche escoba por si algún dos participantes tivera algún problema ó longo da ruta.
O primeiro tramo foi sinxelo, aínda que algúns estiveron tentados a atallar pola Lóngara pensando quizais nos 8 km que restaban, pero finalmente seguiron adiante (pensando seguramente no premio final). Seguimos avanzando (non podo dicir lentamente) nunha leve subida ata a Área Recreativa, aquí comezou o difícil, cunha gran subida duns 300 metros ata o Calderillas que case remata cos pulmóns dalgúns valentes, xa que o silencio era absoluto ata que empezamos a descender. Baixamos polo o Acevedo e a Costa, visualizando os núcleos de poboación da zona, os cales provocaban confusión entre os nativos do lugar. Pero, eso si, todos coincidían en que a música que se oía proviña das festas de Santalla. Pasamos por Marcón e dende alí decidimos alargar un pouco máis a ruta pola Lóngara e acurtando pola pista que divide os Pedredos e o Agro, a nosa meta estaba preto.
Chegamos ó local social ó redor das 2:30 h da madrugada, hipnotizados todos por un único e suculento pensamento: un bo xamón galego, queixo do país e un viño da zona.
Foi unha boa noite na que nos acompañou o bo tempo e a boa harmonía do grupo, esperando atoparnos todos de novo na próxima ruta que se levará a cabo en Somiedo (Asturias) probablemente a finais de setembro. Irémosvos informando.
¡¡ ESPERAMOSVOS!!
Cristina Maceda
lunes, 25 de agosto de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario