jueves 12 de enero de 2012
Ruta das pasarelas, Parada de Sil (Ourense).
O sábado 7-1-2012 ás 15.30h comenzamos a facer esta pequena pero fermosa ruta polas veiras do rio mao, na veciña provincia ourensana.
Os 11 participantes gostamos moito desta andaina que nos levou dende a central eléctrica ata perto do pobo de barxacoba e voltando pola carretera asfaltada ata onde deixaramos os coches a carón da mencionada central.
Os kilómetros son aproximadamente 4 e a duración en tempo pode ser algo máis dunha hora, pero a espectacularidade das vistas merece a pena.
Se queredes máis información aqui vos deixo algín enlace:
-Ruta das pasarelas 1 na páxina de JR Casanova
-Ruta das pasarelas 2 en wikiloc

miércoles 4 de enero de 2012
Sendeirismo Parada de Sil
O sábado pola tarde iremos facer unha ruta ó concello de Parada de Sil-Ourense- para iniciar ben o ano 2012!!!
A ruta e doada, duns 4 km de distancia e transcurre á carón do río Mao-afluente do Sil- por terras de viñedos e fermosas vistas...
Anímate!!!
A ruta e doada, duns 4 km de distancia e transcurre á carón do río Mao-afluente do Sil- por terras de viñedos e fermosas vistas...
Anímate!!!
martes 6 de septiembre de 2011
Sendeirismo nocturno Ferreirua: 19-8-2011
O venres 19-8-2011 uns intrépidos sendeiristas introducímonos nos interiores da Mioteira e do monte de Ferreiros ás 12 da noite para facer unha ruta de 12 km aproximadamente,
todo discurriu ben e como estaba previsto, a pesar da incredulidade dalgunha dos compoñentes do grupo rematamos...-cansos, eso si- e con gañas de repoñer forzas e case todos con ganas de repetir.
Quedan unhas fotos para que vos deleites @s que non puidestes participar. Agardámoste na próxima.
Quedan unhas fotos para que vos deleites @s que non puidestes participar. Agardámoste na próxima.
domingo 17 de julio de 2011
Ruta nocturna 2011
O Venres 19 de agosto do 2011 realizaremos a ruta nocturna deste ano...
Aínda queda tempo para porse en forma...!!!
Seguiremos informando!!!
sábado 9 de abril de 2011
Trail polo Caurel o 17-4-2011
martes 5 de abril de 2011
Fotos da ruta de Sendeirismo pola serra da lastra
O domingo puidemos realizar a ruta que no seu dia aplazaramos por mor do mal tempo, a espera mereceu a pena, pois o día acompañounos e a zona merece moito a pena!!!
Foron pouco máis de duas horas de camiño perto do río sil e por zonas tupidas de árboreda, pasando asemade por un forno de Cal, ata chegar a Cobas e disfrutar dunha sobreira milenaria...para rematar tomando un refrixerio na casa de turismo rural Chao do Prao, xa no pobo de vilar de Silvas, ...en fin, que a mañá foi fructifera!!!
Aqui quedan unhas poucas fotos para lembrar por onde andivemos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)