Mostrando entradas con la etiqueta busto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta busto. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de noviembre de 2018

BUSTO-CATRO CABALEIROS-BUSTO



Ruta de 14 km de subidas e baixadas entorno ó pobo do Busto no Concello da Póboa do Brollón. 

Moi boas vistas e hai que destacar tamén o alto do Castro (1600mts), que en tempos servíu para vixiar os incendios forestais, e a mesa dos catro cabaleiros, onde se reunián os representantes dos catro concellos limítrofes (Pobra do Brollón, Samos, O Incio e Folgoso do Courel) .

Aldea rural do Busto...

Outras opcións para comezar a ruta pode ser dende a Veneira de Roques ou ben dende o alto da pedra da Seara-entre Parada dos Montes e Salcedo.

RUTA: Busto- Catro Cabaleiros- Busto
DISTANCIA: 14 km
DURACIÓN: 3h +/-







martes, 19 de septiembre de 2017

Ruta 4 Cabaleiros entrando polo cruce de Parada de Montes

Ruta pertencente ó concello da Pobra do brollón, na que se xuntan 4 concellos: Pobra do Brollón, Samos, Incio e Caurel.


Distancia: 12.5 Km +/- 

Tempo: 2.5-3 horas

Dificultade: Media

Percorrido: Iníciase no cruce de parada dos montes, pasase por enrriba do Busto e por baixo das canteiras de pedra, chégase o cruce coas pistas da veneira e do incio, logo de ascender ata o alto do castro baixase polo cortafogos ata onde está a mesa da pena dos 4 cabaleiros  e dende ahí seguese polo cortafogos e as indiccacións da ruta de BTT de Salcedo ata a carretera que traíamos o inicio e dende ahí voltamosó punto de inicio.
O primeiro tramo é todo en ascenso ata o alto do castro a partir de ahí e descender e llanear.

Observacións:  Ten varias posibilidades de inicio e de aumentar a ruta.
As posibilidades de inicio son no Busto e na Veneira.
 







domingo, 19 de abril de 2015

Pena dos Catro Cabaleiros entrando pola Veneira de Roques



RUTA:   VENEIRA-ALTO DO CASTRO-CATRO CABALEIROS-BUSTO-VENEIRA

Interesante ruta no Concello da Pobra do Brollón, con distintas posibilidades de realización.

DISTANCIA:14.5KM

DURACIÓN:2.5-3h

DESCRIPCIÓN: Saída da parte de enriba do pobo da  Veneira, seguir a pista que pasa por diante da canteira de pedra e do tanque de auga contra os lumes, ata chegar o cruce no que se pode ir para ó Incio (seguindo de fronte) para Monteagudo (para a esquerda) e para a pena dos Catro Cabaleiros-Parada Dos Montes (para a dereita). Seguiremos a pista da dereita e posteriormente desviarémonos para a esquerda en lixeira ascensión para o alto do castro. Unha vez no alto do castro comezaremos a descender lixeiramente pola pista de terra ata chegar a un desvío para a dereita o cal nos levará ata a pena dos catro cabaleiros. Unha vez na pena dos catro cabaleiros seguiremos polo cortalumes da dereita ata chegar a pista que une a Veneira con Parada dos Montes. Unha vez na pista colleremos para a dereita o que nos vai permitir pasar por enriba do pobo rehabilitado do Busto e regresar ó punto de inicio da Rota na Veneira.