Mostrando entradas con la etiqueta ourense. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ourense. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de octubre de 2023

Ruta Sendeirismo Camiño Real. Esgos. Ourense.

 Ruta Sendeirismo Camiño Real. Esgos. Ourense.


Ruta de 9 km de lonxitude e dificultade media-baixa. Sobre 3 horas aproximadamente.


Sáese do Concello de Esgos e pásase polo mosteiro de San pedro de Rocas para volver ó punto de inicio facendoa de xeito circular.


Ruta moi recomendable e moi bonita con paisaxes pintorescas e moita zona de sombras.


Deixo fotos e un vídeo sobre a ruta.











lunes, 19 de octubre de 2020

Ruta de Sendeirismo dos bosques máxicos de Castro Caldelas (opción longa)

Ruta moi interesante e non apta para principiantes pois e un subir e baixar...vistas moi recomendables por este enclave do concello de Castro Caldelas, na provincia de Ourense.

Cabe destacar o mosteiro de san paio, aínda que se atopa abandonado.

Son 16km e case 5h de andaina, déixovos un vídeo sobre a ruta.


Aquí tedes fotos da ruta nun mes de outubro, parece que se pode facer durante todo o ano.













jueves, 13 de agosto de 2020

Ruta Sendeirismo da Cántara da Moura. A Veiga. Ourense.

Pequena ruta do Concello de A Veiga na Provincia de Ourense.

Pártese do núcleo de A Veiga e logo de cruzar a ponte chégase ó desvío que leva ata a Cántara da Moura.


Son 1.7 km no percorrido de ida e volta, sen apenas dificultade, pero merece a pena facela polo entorno no que se atopa.









domingo, 2 de agosto de 2020

Ruta Sendeirismo Vilanova-Pena Trevinca_Vilanova




Ruta de Sendeirismo por Pena Trevinca, circular, partindo dende Vilanova ata Pena Trevinca e de volta por sestil alto ata Vilanova pasando polas minas de Wolframio.

Son 24 km aproximadamente de ruta e sobre 7-8 horas de traxecto. Ata o pico de Pena Trevinca son 4 horas, pasando previamente polo pico maluro.

A ruta é de dificultade alta.


O inicio situase no Trisquel, moi recomendable!

Déixovos un vídeo da aplicación relive do día que fixen a ruta.

Vídeo










lunes, 13 de enero de 2020

Ruta bosques Máxicos. Castro Caldelas. Bucle Corto

A ruta dos Bosques Máxicos de Castro Caldelas é unha interesante ruta circular con dous Bucles, podendo ser de 15 km no Bucle longo e 6km e 1h e 30 minutos no Bucle Corto.

Se se fai toda xunta pásase dos 20 km.

Aquí deixo información sobre o Bucle corto, que é acta para calquer tipo de público, incluso para facela con nenos pequenos.

Sáese do centro de Castro Caldelas e regrésase ó punto de saída.

Queda aquí un vídeo sobre a ruta.









domingo, 17 de noviembre de 2019

Ruta do Contrabando

A ruta do contrabando atópase na provincia de Ourense no concello de Nogueira de Ramuín. Está situada na marxe sur da Ribeira Sacra.

Son case 15 km que se poden facer entorno ás 4 horas. Á altura máxima a que se accede está sobre os 750 mts.


Pode iniciarse no pobo de Penalba ou no de Luintra.

É unha ruta circular, que ten desnivel non apto para calquer público.













Aqui vos quedan fotos dun día do mes de Novembro...











jueves, 20 de julio de 2017

Ruta polo entorno Ribadavia

Pequena ruta polo entorno do concello ourensano de Ribadavia, é unha ruta moi doada de 9 km +/- e 2 horas aproximadamente, a carón do río Miño e río Avia.

Pódese facer en calquer época do ano, salvo cando haia crecidas, posto que a ruta pode quedar anegada.

Deixo información sobre a ruta e outras posibles rutas por Ribadavia.