Mostrando entradas con la etiqueta minas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta minas. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de febrero de 2022

Ruta San Vitoiro -Minas de Veneira de Roques. A pobra do brollón.

 Ruta lineal dende a  Capela de San vitoiro ata as minas da Veneira de Roques. Pasas polo pobo de cobadelas.

Pertence o concello da póboa do brollón na provincia de Lugo.

PRG 242.


Son  6.2 km de 2 horas 20 minutos aproximadamente de duración na ida. 

Se a fas de ida e volta pode levarche algo menos das catro horas.

Dificultade media. Ten algún tramo de subida pronunciada.


Deixo un vídeo.

Ten algunha casa de aluguer tanto en cobadelas coma na veneira.













viernes, 7 de diciembre de 2018

RUTA BTT DA FERREIRÚA


RUTA BTT DA FERREIRÚA
(opción Sendeirismo)

Ruta que parte do pobo da Ferreirúa en dirección á Mioteira e a área recreativa das veigas, logo deste cruce cóllese camiño cara Monteagudo e nos pastizais deste pobo vaise en dirección ó foxo dos lobos ata chegar o pobo da Veneira, onde se poden observar as minas abandonadas de Ferro, a partir de aquí descéndese ata o río e logo a carón del chégase o muiño da pomba e volvemos ascender ata chegar á Mioteira e dende aquí volvemos descender ata o inicio da ruta na Ferreirúa.

Hai posibilidade de facer conexións para aumentar ou diminuir a ruta e conectar o Concello da Póboa de Brollón co do Incio, de feito parte da ruta pertence a este último concello.

Distancia: 22 km +/-
Duración: (andando) 5h +/-
Altura máxjma: 1133mts
Altura mínima: 496mts
Dificultade: Media-Alta.

Observacións: Na data feita (7-12-18) hai cruces que non se atopan ben sinalados, polo que se recomenda preparar previamente a ruta para non perderse.

Deixo fotos da Ruta...

https://www.relive.cc/view/rt10002626541



Muiño da pomba







Pastizais de Monteagudo

Panorámica da ruta co Calderillas ó fondo

Panorámica do Incio

Panorámica dende a subida das Veigas


Ponte sobre o río Forgas


Sequeiro da Veneira

Vistas dende a Veneira

Sendeiro baixando da Veneira

Veneira de Roques

Ruinas do muiño da Pomba