Mostrando entradas con la etiqueta mazo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mazo. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de julio de 2019

Ruta Mazo_Pico Montouto_Mazo (Quiroga)

 A Ruta do Mazo ata o Pico Montouto Mazo e unha ruta pertencente ó Concello de Quiroga na provincia de Lugo.
En wikiloc

Son case 19 km dunha ruta dunha dificultade media-alta e que está programada para 6h 40´, pero que a fixemos en 5h e 15´.

Ruta moi interesante cunha gran riqueza paisaxística, pode presentar algunha dificultade en función das condicións climatolóxicas...E aconsellable levar material axeitado.

Na época na que a fixen non estaban os camiños desbrozados e faltaban algunhas indicacións, polo que existe a posibilidade de perderse...tiven choiva, sol e néboa no mesmo día, a pesar de ser finais de xullo...

Déixovos o enlace para ver un vídeo en tres dimensións da ruta...








viernes, 25 de diciembre de 2015

O Pereiro-Ferreria Loureiro-Devesa do Loureiro-Sequeiros do Mazo-O Pereiro

Esta ruta é unha variante da ruta de sendeirismo da devesa e Ferrería do río Loureiro, en Salcedo, no concello da Pobra do Brollón (Lugo).


So se atopa sinalizada ata o mazo, ó resto da circular non se atopa sinalizada.

Deixo un vídeo da ruta (2-5-21)

A dificultade e media-baixa, e na maior parte do seu recorrido-sobor de todo o tramo dende o mazo ata o pereiro- non se atopa sinalizado.

Faise de xeito circular sobre 16 km aproximadamente e cunha duración entorno ás 4h 30 minutos.

Nos comezamos pasando o barrio do Pereiro na parroquia de Salcedo na carretera que une a Pobra do Brollón con Folgoso do caurel.

Unha vez superado o citado barrio do Pereiro a uns 200mts a man dereita hai unha pista de terra pola cal comezaremos a descender ata atoparnos coa ferrería do loureiro e logo de cruzar o río loureiro empezamos a subir por unha pista seguindo as indicacións que nos levan a devesa, posteriormente, esta pista de terra convértese en sendeiro e pódese disfrutar dunhas magníficas panorámicas sobre o canón do citado río. Ó final deste sendeiro atoparémonos cos soutos e sequeiros do mazo.
Ó final deste sendeiro atopámonos coa pista asfaltada (Pobra-Caurel) e collemos para a esquerda dirección a Pobra. Comezamos a subir e a 500mts aproximadamente collemos a man esquerda unha pista de terra que nos vai levar, pola outra marxe do río Loureiro, ata perto do punto de partida.