Mostrando entradas con la etiqueta Costa morte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Costa morte. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de julio de 2019

Ruta Punta Insua. Laxe




Esta ruta é parte do camiño dos Faros, que aparece noutras entradas.

Son 6km e fanse en pouco máis de 1h e 30 minutos.

Merece a pena pola paisaxe e non resulta complicada.



lunes, 8 de julio de 2019

Ruta Camelle-Camariñas. Camiño dos Faros.

A ruta dende Camelle a Camariñas é unha boa escapada de 24km aproximadamente e con 5 horas de andaina polas terras da costa da morte.

Pertence ó chamado camiño dos faros que é unha boa iniciativa para dinamizar esa comarca aproveitando os sendeiros ó carón de toda esta magnifica costa.

Mágoa que non a teñan un pouco mellor acondicionada-polo menos nas datas que a fixen-.

Deixovos un pequeno vídeo da aplicación Relieve.

martes, 17 de febrero de 2015

Ruta de Sendeirismo: Laxe-Soesto-Traba



Bonita ruta de sendeirismo pola costa da morte galega.

Son oito kilómetros a carón do mar no Concello de Laxe, Provincia da Coruña.

É unha ruta apta para calquer nivel de sendeirista e cunhas paisaxes impresionantes podendo facerse tamén en bicicleta de montaña en calquera época do ano.

A saída dende Laxe permite atoparse coa praia de Soesto e posteriormente chegar ata a de Traba.

Para máis información sobre a ruta recoméndovos visitar a  páxina de Wikiloc e/ou a páxina do Concello de Laxe na sección de turismo deportivo, onde atoparedes ampla información sobre esta e outras rutas que se poden facer pola zona.

Aquí tedes algunhas fotos...