miércoles, 11 de octubre de 2017

Ruta Cobadelas, Teixeira, San Vitoiro, Cobadelas

Ruta Circular dende Cobadelas ata ó San Vitoiro e volta ata Cobadelas.

Son 9 kmdoados, que se poden facer en 2 horas aproximadamente, podendo facer variantes da ruta para ampliar/reducir a dificultade e/ou a distancia.











martes, 10 de octubre de 2017

Ruta Cobadelas- Forgas- Ferreirúa

Ruta dende Cobadelas pasando por Forgas, Ferreiros e rematando na Ferreirúa.
Son 10km aproximadamente e case duas horas de percorrido, case todo de descenso e algún tramo de descenso, pero que merece a pena facela polas paisaxes que se poden disfrutar.

















jueves, 5 de octubre de 2017

Ruta Marcón, Calderillas, Pastizais Monteagudo, Cruce Ferreiros, Marcon



RUTA: MARCÓN-CALDERILLAS-PASTIZAIS MONTEAGUDO-MIOTEIRA-CRUCE FERREIROS-ÁREA RECREATIVA AS VEIGAS-MARCÓN.


Ruta de dificultade media e con panorámicas interesantes.

A Ruta iniciase na Casa Grande de Marcón dirección á área recreativa, para na  metade da primeira subida dirixirse para a esquerda e posteriormente para a dereita ata a casa do Calderillas (3km +/- 40´) Seguimos de fronte ata deixar á dereita a area recreativa e o rematar os pastizais de Monteagudo  collemos unha carretera asfaltada para a dereita  que nos pode levar ata Monteagudo (7.65km 1h 24´), Deixaremos a esquerda o indicador do Foxo dos lobos. Logo de 1.5 km +/- desviámonos á dereita seguindo a ruta de BTT  da Ferreirúa, ata chegar ó cruce de Ferreiros (9km +/-...), dende aquí colleremos dirección área recreativa (13km +/-, 2h 16) e xa voltaremos para o punto de saída na Casa grande de Marcón, na Ferreirúa (14.98km +/-...2h 34´).