jueves, 7 de abril de 2016

Ruta Marcón-Burato das Choias-Marcón (Ferreirúa)

Ruta de case 10km de distancia...polo entorno da Ferreirúa.

Sáese de Marcón en dirección á área recreativa das veigas e débese coller o segundo desvío que se atopa a  man esquerda. Logo séguese toda a pista ata unha vez pasada unha fonte de ICONA e superada unha pequena subida coller un desvío a man esquerda que vai mediante un pronunciado descenso levarnos ata o burato das choias.

Unha vez feita a visita de rigor...seguimos a ruta pola pista que nos fai deixar a esquerda ó burato das choias, para a uns 400mts +/-...desviarnos a esquerda e subir ata voltar a pista pola que viñemos anteriormente. Aquí colleremos á dereita ata retornar ó punto de partida.

Non se atopa sinalizada. Pódense facer moitas variantes.

O máis interesante que se pode realizar é a visita o burato das Choias e asemade disfrutar das maravillosas vistas.

A dificultade é media baixa.











viernes, 1 de enero de 2016

Ruta de Sendeirismo:Marcón-As Veigas-Calderillas-Marcón

Esta é unha ruta de sendeirismo polo entorno da Ferreirúa no Concello da Pobra do Brollón, Lugo.

Son 8.5 km aproximadamente (1h e 30 minutos) dunha dificultade media-baixa e non se atopa sinalizada, discorre toda por pistas de terra aptas para BTT e/ou todoterreos.










Comeza a ruta a altura da Casa grande da Ferreirúa, xuntamente co inicio da ruta de BTT daFerreirúa, na dirección da pista que leva ata a Mioteira.


Ó chegar á altura da Área recreativa das Veigas collemos un desvío a man esquerda, segue a coincidir coa sinalización da ruta de BTT, e comezamos a subir, a 300mts aproximadamente atopamos un desvío a man esquerda, o cal vamos a seguir e aquí xa deixamos de seguir a sinalización da ruta da BTT.










Seguimos subindo unha pendente pronunciada ata coroar e atoparnos cun cortafogos, a partir de aquí seguiremos de fronte  descendendo lixeiramente ata atoparnos a pista que leva para o Calderillas, a cal colleremos para a dereita, cando divisemos a casa ó  lonxe collemos a pista a esquerda que descende ata a fonte de auga-que non funciona- situada na pista que vai dende a Ferreirúa ata San Pedro do Incio.













A partir de aquí temos unha lixeira subida e logo xa descendemos ata chegar o punto de inicio na Casa Grande da Ferreirúa.








Esta ruta pode ampliarse con outras variantes, como son a de ir ata o burato das choias, subir a Mioteira, Chegar a pena dos catro cabaleiros, 

viernes, 25 de diciembre de 2015

O Pereiro-Ferreria Loureiro-Devesa do Loureiro-Sequeiros do Mazo-O Pereiro

Esta ruta é unha variante da ruta de sendeirismo da devesa e Ferrería do río Loureiro, en Salcedo, no concello da Pobra do Brollón (Lugo).


So se atopa sinalizada ata o mazo, ó resto da circular non se atopa sinalizada.

Deixo un vídeo da ruta (2-5-21)

A dificultade e media-baixa, e na maior parte do seu recorrido-sobor de todo o tramo dende o mazo ata o pereiro- non se atopa sinalizado.

Faise de xeito circular sobre 16 km aproximadamente e cunha duración entorno ás 4h 30 minutos.

Nos comezamos pasando o barrio do Pereiro na parroquia de Salcedo na carretera que une a Pobra do Brollón con Folgoso do caurel.

Unha vez superado o citado barrio do Pereiro a uns 200mts a man dereita hai unha pista de terra pola cal comezaremos a descender ata atoparnos coa ferrería do loureiro e logo de cruzar o río loureiro empezamos a subir por unha pista seguindo as indicacións que nos levan a devesa, posteriormente, esta pista de terra convértese en sendeiro e pódese disfrutar dunhas magníficas panorámicas sobre o canón do citado río. Ó final deste sendeiro atoparémonos cos soutos e sequeiros do mazo.
Ó final deste sendeiro atopámonos coa pista asfaltada (Pobra-Caurel) e collemos para a esquerda dirección a Pobra. Comezamos a subir e a 500mts aproximadamente collemos a man esquerda unha pista de terra que nos vai levar, pola outra marxe do río Loureiro, ata perto do punto de partida.











viernes, 6 de noviembre de 2015

Ruta de Salcedo a Froxán

A Ruta é un tramo da ruta do río Lor (50km+/-) que vai dende o Cebreiro ata a desembocadura do río lor no  Río Sil en Augasmestas, xa no concello de Quiroga.

Está ruta dende Salcedo ata Froxán, ten 12.5km aproximadamente de distancia e discorre a carón do río lor, pasando por zonas de sequeiros de castañas tanto nas proximidades de Froxán, no Concello de Folgoso do Caurel, como en paramedela xa en Salcedo no Concello da Póboa do Brollón.
Pode facerse en 3h e 30 minutos aproximadamente.
A dificultade e media, pois a maior parte do percorrido faise por un sendeiro  subindo e baixando con respecto o nivel do río Lor.

Tamén é posible facer a ruta de ida e volta, ben saíndo dende Salcedo ou dende Froxán.








jueves, 5 de noviembre de 2015

Ruta del Escalerón a la Raya (P.N. Serranía Cuenca)

Ruta pertencente ó ParqueNatural da Serranía de Cuenca, comunidade de Castela a Mancha e na provincia de Cuenca e no Concello de Uña.

Ten una distancia de 9-10km e o tempo que leva facela é de aproximadamente 2h30 minutos.

O desnivel vai dende os 1.130mts ata os 1.350mts. no punto máis alto do recorrido. 

A dificultade é media.

A denominación é a PRCU-37.

A paisaxe comeza coa da lagoa de Uña para posteriormente ir ascendendo polos escaleiróns e logo de contemplar a paisaxe dende os cumios ir descendendo ata a ”Raya” e posteriormente rodear a lagoa.

Na localidade de Uña hai diversos restaurantes e supermercados.







martes, 22 de septiembre de 2015

Castro de abaixo a Cubela-Castro de Abaixo

Ruta ó carón do Rio Sil no concello de Ribas do Sil na provincia de Lugo e en plena Ribeira Sacra Lucense.
Atópase perfectamente sinalizada e con posibles variantes na súa realización.A mellor e a que se fai de xeito circular pasando por Torbeo.
Son 12 km aproximadamente se se fai ida e volta polo sendeiro a carón do río Sil sendo un traxecto sen apenas desnivel.

A miña recomendación e facer a ruta a carón do río pola mañá, pois hai sombra en case todo o percorrido.







sábado, 12 de septiembre de 2015

Ruta: A Seara-forno de cal-Formigueiros-Lagoa da Lucenza-A Seara



RUTA: A SEARA-FORNO DE CAL-FORMIGUEIROS-LAGOA LUCENZA-A SEARA

Ruta de 10 km aproximadamente  dificultade media-alta. Pásase dun desnivel de 1000mts ata 1639mts no cumio de Formigueiros.

Está perfectamente sinalizada e pódese realizar en calquer época do ano, tendo en conta as especifidades de cada estación…existe a posibilidade de atopar neve ou un sol de xustiza..., na zona do cumio non hai apenas árbores.

Pódese realizar en 3-4h, dependendo do ritmo ó que se faga. Existe a posibilidade de poder ampliala saíndo hacia Vieiros en vez de baixar pola zona da lágoa da lucenza.

Ruta moi interesante pola paisaxe e polas características da zona.

Pertence os Concellos de Quiroga e Folgoso do Caurel