Esta é unha ruta
de sendeirismo polo entorno da Ferreirúa no Concello da Pobra do Brollón, Lugo.
Son 8.5 km
aproximadamente (1h e 30 minutos) dunha dificultade media-baixa e non se atopa
sinalizada, discorre toda por pistas de terra aptas para BTT e/ou todoterreos.
Comeza a ruta a altura da Casa grande da Ferreirúa, xuntamente co inicio da ruta de BTT daFerreirúa, na dirección da pista que leva ata a Mioteira.
Ó chegar á altura
da Área recreativa das Veigas collemos un desvío a man esquerda, segue a coincidir
coa sinalización da ruta de BTT, e comezamos a subir, a 300mts aproximadamente
atopamos un desvío a man esquerda, o cal vamos a seguir e aquí xa deixamos de
seguir a sinalización da ruta da BTT.
Seguimos subindo
unha pendente pronunciada ata coroar e atoparnos cun cortafogos, a partir de
aquí seguiremos de fronte descendendo
lixeiramente ata atoparnos a pista que leva para o Calderillas, a cal
colleremos para a dereita, cando divisemos a casa ó lonxe collemos a pista a esquerda que
descende ata a fonte de auga-que non funciona- situada na pista que vai dende a
Ferreirúa ata San Pedro do Incio.
A partir de aquí
temos unha lixeira subida e logo xa descendemos ata chegar o punto de inicio na
Casa Grande da Ferreirúa.
Esta ruta pode ampliarse con outras variantes, como son a de ir ata o burato das choias, subir a Mioteira, Chegar a pena dos catro cabaleiros,
No hay comentarios:
Publicar un comentario