Esta ruta é unha
variante da ruta de sendeirismo da devesa e Ferrería do río Loureiro, en
Salcedo, no concello da Pobra do Brollón (Lugo).
So se atopa sinalizada ata o mazo, ó resto da circular non se atopa sinalizada.
Deixo un vídeo da ruta (2-5-21)
A dificultade e media-baixa,
e na maior parte do seu recorrido-sobor de todo o tramo dende o mazo ata o
pereiro- non se atopa sinalizado.
Faise de xeito
circular sobre 16 km aproximadamente e cunha duración entorno ás 4h 30 minutos.
Nos comezamos
pasando o barrio do Pereiro na parroquia de Salcedo na carretera que une a Pobra
do Brollón con Folgoso do caurel.
Unha vez superado
o citado barrio do Pereiro a uns 200mts a man dereita hai unha pista de terra
pola cal comezaremos a descender ata atoparnos coa ferrería do loureiro e logo
de cruzar o río loureiro empezamos a subir por unha pista seguindo as
indicacións que nos levan a devesa, posteriormente, esta pista de terra convértese
en sendeiro e pódese disfrutar dunhas magníficas panorámicas sobre o canón do
citado río. Ó final deste sendeiro atoparémonos cos soutos e sequeiros do mazo.
Ó final deste
sendeiro atopámonos coa pista asfaltada (Pobra-Caurel) e collemos para a
esquerda dirección a Pobra. Comezamos a subir e a 500mts aproximadamente
collemos a man esquerda unha pista de terra que nos vai levar, pola outra marxe
do río Loureiro, ata perto do punto de partida.
So se atopa sinalizada ata o mazo, ó resto da circular non se atopa sinalizada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario