lunes, 25 de agosto de 2008

Crónica

SEGUNDA MARCHA NOCTURNA, AGOSTO DO 2008


(Algúns dos participantes da ruta)

Venres 22 de agosto, 23:45 da noite e todos estamos xa preparados para empeza – la marcha, sen embargo, e esperando por algún rezagado que finalmente non se atreveu cá aventura, non foi ata a medianoite cando as 22 persoas alí reunidas comezamos a partida co apoio dun coche escoba por si algún dos participantes tivera algún problema ó longo da ruta.
O primeiro tramo foi sinxelo, aínda que algúns estiveron tentados a atallar pola Lóngara pensando quizais nos 8 km que restaban, pero finalmente seguiron adiante (pensando seguramente no premio final). Seguimos avanzando (non podo dicir lentamente) nunha leve subida ata a Área Recreativa, aquí comezou o difícil, cunha gran subida duns 300 metros ata o Calderillas que case remata cos pulmóns dalgúns valentes, xa que o silencio era absoluto ata que empezamos a descender. Baixamos polo o Acevedo e a Costa, visualizando os núcleos de poboación da zona, os cales provocaban confusión entre os nativos do lugar. Pero, eso si, todos coincidían en que a música que se oía proviña das festas de Santalla. Pasamos por Marcón e dende alí decidimos alargar un pouco máis a ruta pola Lóngara e acurtando pola pista que divide os Pedredos e o Agro, a nosa meta estaba preto.
Chegamos ó local social ó redor das 2:30 h da madrugada, hipnotizados todos por un único e suculento pensamento: un bo xamón galego, queixo do país e un viño da zona.
Foi unha boa noite na que nos acompañou o bo tempo e a boa harmonía do grupo, esperando atoparnos todos de novo na próxima ruta que se levará a cabo en Somiedo (Asturias) probablemente a finais de setembro. Irémosvos informando.

¡¡ ESPERAMOSVOS!!

Cristina Maceda

miércoles, 23 de julio de 2008

ROTA NOCTURNA

O vindeiro venres 22 de agosto será o dia elexido para facer a segunda rota de sendeirismo nocturna polo entorno próximo da ferreirúa.



Seguiremos informando...

miércoles, 11 de junio de 2008

SAÍDA A SOMIEDO

A fin de se semana do 27, 28 e 29 de xuño iremos a facer sendeirismo a Somiedo, coma sempre hai a posibilidade de marchar o venres ou ó sábado logo de xantar, poderemos quedar a durmir no albergue de Salienza, sería convinte confirmar asistencia antes do 18 de xuño para non ter problemas de prazas.

Hai vai un pouco de información sobre a zona e as rotas...

Somiedo (en asturiano, Somiéu) é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias. Limita ó norte con Belmonte de Miranda, ó este con Teverga, ó oeste con Tineo e Cangas de Narcea e ó sur con León.
É o segundo concello con menor densidade de poboación. Todo el forma parte do Parque Natural de Somiedo, sendo declarado Reserva da Biosfera.

O concello de Somiedo ten 15 parroquias: Aguino, Clavillas, Corés, El Coto, El puerto, Endroga, Gúa, La Riera, las Morteras, Pigüeña, Pigüeces, Pola de Somiedo, Valle de Lago, Veigas, Villar de Vildas.
O número de habitantes é de 1544 é a superficie en kilómetros cadrados son 291,38

Información Wikipedia...

jueves, 5 de junio de 2008

A saída a Burbia en palabras...

Hora da sesta na Ferreirúa, os macutos xa están listos dende hai algúns intres, máis a climatoloxía parece que quere nubrar os nosos desexos de pasala fin de semana en Burbia.

Somos tod@s puntuais agás un par que se retrasan - supoñemos que polo efecto de morfeo - logo de organizarnos saímos cara a nosa expedición particular, perto de Ponferrada recibimos a chamada do membro que nos esperaba en Cacabelos - os tempos de espera non son agradables e menos cando se está só - logo de xuntarnos emprendemos o último tramo en coche, xa por carreteras de montaña, ata o noso punto de destino.

Unha vez que chegamos ó albergue e nos recibe Julio inspeccionamos a instalación e relacionámonos con catro montañeiras que xa levan dende o venres no pobo.

Facemos tempo ata a hora da cea e inevitablemente sae o tema estrela destes días “chiquilicuatre” teño que recoñecer que case rematei aprendéndome tanto a canción coma o baile, a pesares de ir contra os meus principios…

Logo de cear dirixímonos a un dos bares do pobo onde facemos uso do futbolín e da barra e nos dedicamos a arranxar o mundo…

A retirada faise a unha hora prudencial pero hai algúns que se dedican a velas estrelas e escoitar os ruídos da noite, que non son coma os da Ferreirúa, pero pódenselle parecer...

Logo dunha noite tranquila - desperezámonos uns antes que outros- e poñémonos a almorzar, bastante ben por certo, e deseguido preparamos a mochila e iniciamos a andaina.

Os primeiros kilómetros cara campo del agua son suaves e fanse aínda máis agradables pola presenza dun pequeno compañeiro de viaxe - o can guía oficial desta rota - o cal nos serve de distracción.

As primeiras subidas son por un sendeiro no que a maleza nos vai dando na pel, pero a pesar dalgunhas queixas rematamos este tramo e xa temos unha visión xeral da rota que estamos a facer...

O seguinte tramo e por unha pista en boas condicións coa única dificultade que é toda en ascención - subiremos dende os 900mts ata os 1300mts - transcorre toda con normalidade e logo dunha hora de camiñar decidimos tomar un aperitivo, ó mesmo tempo que disfrutamos das vistas e da compaña de cabalos e vacas que se moven libremente.

Unha vez repostas as forzas seguimos rota hacia campo del agua, o grupo escomenza a desperdigarse antes de chegar ó regueiral, pero voltamos a xuntarnos todos en campo del agua, logo dunha pequena parada decidimos escomenzar a volta e paramos a xantar no regueiral.

Disfrutamos dun día incluso soleado por momentos o cal nos acompañou no descenso ata ben perto do final que foi cando escomenzou a chover.

Imos chegando a Burbia en grupos separados e xuntámonos no bar El paso, as caras reflicten os 24 km que vimos de “paterar” ...

A volta ó fogar está próxima e @s que non conducen poderán dormir as dúas horas de traxecto ata a Ferreirúa.

As próximas rotas xa quedan marcadas para o 28 de xuño en Somiedo e para o 22 de agosto a rota nocturna pola Ferreirúa.

A rota e o lugar merecen a pena e as sensacións foron moi positivas...

Esperámoste!!!

Moito obrigado.


Carlos.