martes, 24 de marzo de 2009

Catro cabaleiros




O domingo pasado non eramos catro cabaleiros/damas, pero case...
Escomenzamos a ruta as 10.30 horas da mañá baixo un sol imponente e fómonos achegando paseniñamente ás terras do Carballal, para posteriormente dirixirnos ó alto do Castro e contemplar as fermosas vistas dos catro Concellos(Pobra do Brollón, Caurel, Samos e Incio) que dan nome o lugar donde limitan estas fermosas bisbarras. Logo dunha pequena parada dirixímonos a mesa que representa os lindes dos catro concellos. Aquí repuxemos forzas cun pequeno aperitivo e posteriormente escomenzamos o descenso ata o punto de partida. A ruta rematámola as 13.30 horas e como homenaxe a nos mesmos fomos tomar uns cafés a recentemente inaugurada cantina de Salcedo...

Proximamente publicaremos máis fotos da ruta!!!

viernes, 20 de marzo de 2009

Ruta do 15-3-2009

Para a ruta do domingo pola zona dos catro cabaleiros, saíremos as dez da mañá do domingo dende a Ferreirúa e a volta está prevista para as 14 horas.

Vémonos o domingo.

domingo, 15 de marzo de 2009

Voltamos de ruta

Ó próximo domingo 22-3-2009, se as circunstancias nolo permiten iremos a facer sendeirismo...
Seguiremos informando!!!

martes, 27 de enero de 2009

Cambio de data da próxima ruta

Debido as previsións meteorolóxicas previstas para o próximo domingo, cambiaremos a saída, se non hai novidades para o domingo 8 de Febreiro.
Estamos en contacto.

sábado, 17 de enero de 2009

Próxima ruta

O dia 1 de febreiro reanudaremos as rutas de sendeirismo, nesta ocasión faremos o camiño hacia a pena dos catro cabaleiros por outra vertente.

Estamos en contacto...

miércoles, 7 de enero de 2009

EQUIPACIÓN PARA FACER SENDEIRISMO

EQUIPACIÓN BÁSICA (INDISPENSABLE):


..CALZADO DE MONTAÑA: Cómodo, flexible, impermeable e usado previamente.
..BORCEGUÍNS: Grosos, transpirables e coa talla axeitada
..PANTALÓN: Longo, transpirable, térmico e impermeable. (para inverno)
..ROUPA INTERIOR: Cómoda
..ROUPA PARA O TREN SUPERIOR E BRAZOS:”Teoría da Cebola”**
..GORRA:
..LUBAS:
..MOCHILA: Lixeira, Impermeable e Cómoda.
..COMIDA: Froitos secos, Froita, Chocolate, Bocadillos,...Auga
..PANOS DE PAPEL
..BOTIQUÍN PERSOAL:
..MÓVIL

EQUIPACIÓN DE RESERVA:

..BORCEGUÍNS, ROUPA INTERIOR, CALZADO DE REPOSTO, PANTALÓNS CAMISETAS,... .


**TEORÍA DA CEBOLA:
Tres capas de roupa:
1ª capa: En contacto coa pel, ten que ser transpirable e axustada (poliéster,...)
2ª capa (Intermedia): Forro polar, que cree unha cámara de aire coas outras capas.
3ª capa: En contacto co exterior, ten que ser impermeable.

Segundo vaia aumentando a temperatura iremos quitando capas, e no caso de que diminúa faremos ó revés.



L.C.P.G.