martes, 24 de marzo de 2009
Catro cabaleiros
O domingo pasado non eramos catro cabaleiros/damas, pero case...
Escomenzamos a ruta as 10.30 horas da mañá baixo un sol imponente e fómonos achegando paseniñamente ás terras do Carballal, para posteriormente dirixirnos ó alto do Castro e contemplar as fermosas vistas dos catro Concellos(Pobra do Brollón, Caurel, Samos e Incio) que dan nome o lugar donde limitan estas fermosas bisbarras. Logo dunha pequena parada dirixímonos a mesa que representa os lindes dos catro concellos. Aquí repuxemos forzas cun pequeno aperitivo e posteriormente escomenzamos o descenso ata o punto de partida. A ruta rematámola as 13.30 horas e como homenaxe a nos mesmos fomos tomar uns cafés a recentemente inaugurada cantina de Salcedo...
Proximamente publicaremos máis fotos da ruta!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario