Rutas de sendeirismo no Alto Támega e Barroso, perto de Chaves. Portugal, Zona norte, no límite con verín.
Rutas de sendeirismo no Alto Támega e Barroso, perto de Chaves. Portugal, Zona norte, no límite con verín.
Ruta de case 12 km de distancia e de 2.5 horas. Dificultade baixa, pois case non ten desnivel.
Non se atopa moi ben sinalizada, pero pódese seguir ben, non deixando de lado o Rio do Ouro.
Aqui tedes un vídeo da ruta.
Ruta de 19 km e unha duración de máis de 4 horas. A dificultade que presenta é a distancia, máis non ten moito desnivel e as vistas ó carón do mar Cantábrico ven merecen a pena.
Bastante ben sinalizada, agás un tramo en Cangas de Foz no que hai sinais que faltan. Pertence a 3ª Étapa "Al camino Natural de la Ruta del Cantábrico".
A volta ata Foz fixémola en taxi (18 euros).
Deixo un vídeo da ruta feita a finais de Outubro.
Moi recomendable e con zonas para tomar algo a medio camiño,
Ruta de 4.5 km +/- de 1h 30´de duración no concello de San Clodio, na provincia de Lugo pertencente o Xeoparque de montañas do Caurel.
Para chegar o punto de inicio da ruta imos a San Clodio e deixando a estación de tren á nosa dereita seguimos paralelos á vía ata atopar a carretera de Soutordei. Unha vez no pobo, cruzámolo en dirección á Louxadelas, antes de empezar a baixar ata este pobo atopamos, nun descampado, os paneis de inicio da ruta.
A dificultade é media/baixa pois hai que subir e baixar constantemente, pero de pouca duración. Apenas ten zonas de sombra, polo que en tempos soleados non é moi recomendable.
Vistas panorámicas moi boas.
Fotos
Ruta pertencente ó concello de Sober na provincia de Lugo.
Son entorno a 6 km, a versión orixinal está sinalizada e é de ida e volta. Non hai moito sitio para aparcar na zona de inicio. recoméndase empezar na igrexa de Barantes.
Hai outras variantes, pero sen sinalizar.
Ruta noutras aplicacións....
https://www.relive.cc/view/vQvynkrG8KO
Ruta lineal dende a Capela de San vitoiro ata as minas da Veneira de Roques. Pasas polo pobo de cobadelas.
Pertence o concello da póboa do brollón na provincia de Lugo.
Son 6.2 km de 2 horas 20 minutos aproximadamente de duración na ida.
Se a fas de ida e volta pode levarche algo menos das catro horas.
Dificultade media. Ten algún tramo de subida pronunciada.
Deixo un vídeo.
Ten algunha casa de aluguer tanto en cobadelas coma na veneira.