Ruta de 4.5 km +/- de 1h 30´de duración no concello de San Clodio, na provincia de Lugo pertencente o Xeoparque de montañas do Caurel.
Para chegar o punto de inicio da ruta imos a San Clodio e deixando a estación de tren á nosa dereita seguimos paralelos á vía ata atopar a carretera de Soutordei. Unha vez no pobo, cruzámolo en dirección á Louxadelas, antes de empezar a baixar ata este pobo atopamos, nun descampado, os paneis de inicio da ruta.
A dificultade é media/baixa pois hai que subir e baixar constantemente, pero de pouca duración. Apenas ten zonas de sombra, polo que en tempos soleados non é moi recomendable.
Vistas panorámicas moi boas.
Fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario