domingo, 9 de octubre de 2022

Ruta Arqueolóxica do Covallón. San Clodio

 Ruta de 4.5 km +/- de 1h 30´de duración no concello de San Clodio, na provincia de Lugo pertencente o Xeoparque de montañas do Caurel.

Para chegar o punto de inicio da ruta imos a San Clodio e deixando a estación de tren á nosa dereita seguimos paralelos á vía ata atopar a carretera de Soutordei. Unha vez no pobo, cruzámolo en dirección á Louxadelas, antes de empezar a baixar ata este pobo atopamos, nun descampado, os paneis de inicio da ruta.

A dificultade é media/baixa pois hai que subir e baixar constantemente, pero de pouca duración. Apenas ten zonas de sombra, polo que en tempos soleados non é moi recomendable. 

Vistas panorámicas moi boas.


Vídeo.


Fotos













lunes, 9 de mayo de 2022

Ruta da Empardeada. Sober. Lugo

 Ruta pertencente ó concello de Sober na provincia de Lugo.

Son entorno a 6 km, a versión orixinal está sinalizada e é de ida e volta. Non hai moito sitio para aparcar na zona de inicio. recoméndase empezar na igrexa de Barantes.

 Hai outras variantes, pero sen sinalizar.

 Ruta noutras aplicacións....

 

https://www.relive.cc/view/vQvynkrG8KO

 

 







 

 

 

lunes, 7 de febrero de 2022

Ruta San Vitoiro -Minas de Veneira de Roques. A pobra do brollón.

 Ruta lineal dende a  Capela de San vitoiro ata as minas da Veneira de Roques. Pasas polo pobo de cobadelas.

Pertence o concello da póboa do brollón na provincia de Lugo.

PRG 242.


Son  6.2 km de 2 horas 20 minutos aproximadamente de duración na ida. 

Se a fas de ida e volta pode levarche algo menos das catro horas.

Dificultade media. Ten algún tramo de subida pronunciada.


Deixo un vídeo.

Ten algunha casa de aluguer tanto en cobadelas coma na veneira.













domingo, 9 de enero de 2022

Esquí en Alto Campoo. Santander.

 Entrada para cando vaias a esquiar a Alto Campoo, en Santander.


Unha localidade próxima é Reinosa, ten os servizos básicos e atópase a 30¨aproximadamente da estación de Esquí.


O forfait son sobre 34 Euros e podes alugar o material por 18-21 Euros. Tes a posibiliade de alugalo con anterioridade por internet por 12 Euros aproximadamente.


Vídeo Pista Peña Labra:  https://www.relive.cc/view/vYvr4pBKzx6


Vídeo de parte da pista de Peña Labra:  https://www.relive.cc/view/vRO7VrwBgKv



jueves, 5 de agosto de 2021

Ruta Sendeirismo: Sierra de San pedro (Sabiñánigo)

 

Ruta de 12.300mts

Duración 4h 40 minutos +/-

 Provincia: Huesca

Desnivel:

 

Ruta dura na súa primeira parte, ata que se acada a ermita abandonada, logo váise polos cumios do monte e descéndese ata chegar a Allue, aquí a ruta desaparece e non hai sinalización, e hai que seguir unhas indicacións e o instinto...-pode ser perigosa esa zona ata que se atopa o sendeiro…-Unha vez atopado o sendeiro discórrese nun sube baixa ata voltar a chegar ó punto de inicio da ruta, nas piscinas de verán de Sabiñánigo.

 

Esta ruta ten moitas variantes e posibilidades de realizar.

Discorre polos Concellos de Sabiñánigo na provincia de Huesca.


Vídeo da ruta.










Ruta de Sendeirismo da Pradería de Ordesa-Gradas de Soaso- Cola de Cabalo. Huesca

Distancia: 25 km.

Duración. 5h +/-

Parque Natural de Ordesa e Monte perdido.

Dificultade: Media

Lineal, ida e volta polo mesmo sitio. Pode ter continuación con outras rutas.


Hai que chegar en coche ata o parquíng de Torla e dende alí coller un autobús (4.5Euros) que te leva ata a Pradería de Ordesa.

O primeiro tramo e todo á sombra e chan, a partir dos 2.5 km +/- empeza a ascensión.

Recomendable empezar moi cedo.

Os buses empezan a funcionar ás 6 horas da mañá.

Deixo un vídeo da ruta.