Boa ruta dos Ancares lucenses con certa dificultade pola subida a tres Bispos e con posibles variantes á hora de levala a cabo!
A que aquí se presenta está realizada de xeito lineal pero pódese facer de xeito circular.
Son 15 km aproximadamente e a duración está entorno ás 3-5 horas dependendo do ritmo.
Dende a Ferreirúa ata o Albergue de Ancares, que é o punto de saída en Degrada, son menos de 2 horas.
Deixo algúns datos e fotos sobre a Ruta...
Vídeo sobre a ruta en Relieve
lunes, 14 de enero de 2019
viernes, 7 de diciembre de 2018
RUTA BTT DA FERREIRÚA
RUTA BTT DA FERREIRÚA
(opción Sendeirismo)
Ruta que parte do
pobo da Ferreirúa en dirección á Mioteira e a área recreativa das veigas, logo
deste cruce cóllese camiño cara Monteagudo e nos pastizais deste pobo vaise en
dirección ó foxo dos lobos ata chegar o pobo da Veneira, onde se poden observar
as minas abandonadas de Ferro, a partir de aquí descéndese ata o río e logo a
carón del chégase o muiño da pomba e volvemos ascender ata chegar á Mioteira e
dende aquí volvemos descender ata o inicio da ruta na Ferreirúa.
Hai posibilidade de facer conexións para aumentar ou diminuir a ruta e conectar o Concello da Póboa de Brollón co do Incio, de feito parte da ruta pertence a este último concello.
Distancia: 22 km
+/-
Duración:
(andando) 5h +/-
Altura máxjma:
1133mts
Altura mínima:
496mts
Dificultade:
Media-Alta.
Observacións: Na
data feita (7-12-18) hai cruces que non se atopan ben sinalados, polo que se
recomenda preparar previamente a ruta para non perderse.
Deixo fotos da Ruta...
https://www.relive.cc/view/rt10002626541
![]() |
| Muiño da pomba |

![]() |
| Pastizais de Monteagudo |
![]() |
| Panorámica da ruta co Calderillas ó fondo |
![]() |
| Panorámica do Incio |
![]() |
| Panorámica dende a subida das Veigas |
![]() |
| Ponte sobre o río Forgas |
![]() |
| Sequeiro da Veneira |
![]() |
| Vistas dende a Veneira |
![]() |
| Sendeiro baixando da Veneira |
![]() |
| Veneira de Roques |
![]() |
| Ruinas do muiño da Pomba |
domingo, 25 de noviembre de 2018
BUSTO-CATRO CABALEIROS-BUSTO
Ruta de 14 km de
subidas e baixadas entorno ó pobo do Busto no Concello da Póboa do Brollón.
Moi
boas vistas e hai que destacar tamén o alto do Castro (1600mts), que en tempos servíu
para vixiar os incendios forestais, e a mesa dos catro cabaleiros, onde se
reunián os representantes dos catro concellos limítrofes (Pobra do Brollón, Samos, O Incio e Folgoso do Courel) .
Aldea rural do Busto...
Aldea rural do Busto...
Outras opcións para comezar a ruta pode ser dende a Veneira de Roques ou ben dende o alto da pedra da Seara-entre Parada dos
Montes e Salcedo.
RUTA:
Busto- Catro Cabaleiros- Busto
DISTANCIA:
14 km
DURACIÓN:
3h +/-
domingo, 4 de noviembre de 2018
sábado, 3 de noviembre de 2018
viernes, 2 de noviembre de 2018
domingo, 21 de octubre de 2018
Rota da Canica. Lapa dos dinheiros. Serra da Estrela. Portugal
Mapa sobre as localidades que comprenden a Serra da Estrela.
Información básica sobre a ruta da Canica na poboación da lapa dos diñeiros, na Serra da Estrela en Portugal.
Atópase perto da localidade de Seia.
Ruta circular de dificultade media.
Altitude mínima 622mts e máxima 912 mts.
Distancia: 7km +/-
Duración: 3h +/-
Lugares de interés perto da ruta son:
Sabugueiro
Torre
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









































