viernes, 7 de diciembre de 2018

RUTA BTT DA FERREIRÚA


RUTA BTT DA FERREIRÚA
(opción Sendeirismo)

Ruta que parte do pobo da Ferreirúa en dirección á Mioteira e a área recreativa das veigas, logo deste cruce cóllese camiño cara Monteagudo e nos pastizais deste pobo vaise en dirección ó foxo dos lobos ata chegar o pobo da Veneira, onde se poden observar as minas abandonadas de Ferro, a partir de aquí descéndese ata o río e logo a carón del chégase o muiño da pomba e volvemos ascender ata chegar á Mioteira e dende aquí volvemos descender ata o inicio da ruta na Ferreirúa.

Hai posibilidade de facer conexións para aumentar ou diminuir a ruta e conectar o Concello da Póboa de Brollón co do Incio, de feito parte da ruta pertence a este último concello.

Distancia: 22 km +/-
Duración: (andando) 5h +/-
Altura máxjma: 1133mts
Altura mínima: 496mts
Dificultade: Media-Alta.

Observacións: Na data feita (7-12-18) hai cruces que non se atopan ben sinalados, polo que se recomenda preparar previamente a ruta para non perderse.

Deixo fotos da Ruta...

https://www.relive.cc/view/rt10002626541



Muiño da pomba







Pastizais de Monteagudo

Panorámica da ruta co Calderillas ó fondo

Panorámica do Incio

Panorámica dende a subida das Veigas


Ponte sobre o río Forgas


Sequeiro da Veneira

Vistas dende a Veneira

Sendeiro baixando da Veneira

Veneira de Roques

Ruinas do muiño da Pomba

No hay comentarios: