Pequena ruta de sendeirismo do concello do Vicedo perto da praia de Abrela.
Deixovo unha reportaxe feita pola voz de galicia sobre esta zona.
Pódese facer en 40 minutos mais ou menos ou se o ritmo é moi de vagar pode empregarse ata 2 horas para facer os 3.5 km de percorrido. Aínda que ten uns desniveis propios da galiza da costa norte, pódese facer tranquilamente. Atópase cunhas boas pasarelas para as zonas "máis difíciles..." pero non existe dificultade á hora de realizalas.
lunes, 1 de octubre de 2018
miércoles, 8 de noviembre de 2017
Ruta Pregamento Xeolóxico Campodola, Quiroga
Ruta Pregamento Xeolóxico de Campodola, pertence o Concello de Quiroga, no sur da provincia de Lugo.
A ruta feita de xeito lineal son 7km. O inicio pode ir dende o pobo de Leixazos ata Campos de Vila ou o revés.
Se se realiza dende Leixazos a súbida é escasa, máis se se fai dende Campos de Vila a subida é interesante...
A Parte máis interesante, dende o punto de vista estético, quizás sexa a que vai dende Leixazós ata o cumio do monte de Campos de Vila, que coincide co Canón do río Ferreiriño...
Se se realiza dende Leixazos a súbida é escasa, máis se se fai dende Campos de Vila a subida é interesante...
A Parte máis interesante, dende o punto de vista estético, quizás sexa a que vai dende Leixazós ata o cumio do monte de Campos de Vila, que coincide co Canón do río Ferreiriño...
Ruta ben sinalizada e que se realiza perfectamente en calquera das súas formas posibles!
Deixo un vídeo feito no outono do 2020.
miércoles, 11 de octubre de 2017
Ruta Cobadelas, Teixeira, San Vitoiro, Cobadelas
Ruta Circular dende Cobadelas ata ó San Vitoiro e volta ata Cobadelas.
Son 9 km doados, que se poden facer en 2 horas aproximadamente, podendo facer variantes da ruta para ampliar/reducir a dificultade e/ou a distancia.
Son 9 km doados, que se poden facer en 2 horas aproximadamente, podendo facer variantes da ruta para ampliar/reducir a dificultade e/ou a distancia.
martes, 10 de octubre de 2017
Ruta Cobadelas- Forgas- Ferreirúa
Ruta dende Cobadelas pasando por Forgas, Ferreiros e rematando na Ferreirúa.
Son 10km aproximadamente e case duas horas de percorrido, case todo de descenso e algún tramo de descenso, pero que merece a pena facela polas paisaxes que se poden disfrutar.
Son 10km aproximadamente e case duas horas de percorrido, case todo de descenso e algún tramo de descenso, pero que merece a pena facela polas paisaxes que se poden disfrutar.
jueves, 5 de octubre de 2017
Ruta Marcón-Calderillas-Foxo dos lobos- Mioteira-Marcon
RUTA: MARCÓN-CALDERILLAS-PASTIZAIS
MONTEAGUDO-MIOTEIRA-CRUCE FERREIROS-ÁREA RECREATIVA AS VEIGAS-MARCÓN.
Ruta de dificultade media e con panorámicas interesantes.
Distancia: 17 km Duración: 3 h 20'+/-.
Puntos de interese: Adegas antigas da Ferreirúa, Muiños da corredoira, As covas, Calderillas, Pastizais de Monteagudo, Area recreativa de San Pedro, Foxo dos Lobos, Mioteira, Área Recreativa das Veigas.
Concellos: A Pobra do Brollón, O Incio.
Descripción da ruta:
A Ruta iníciase
na Casa Grande de Marcón dirección á área recreativa, para na metade da primeira subida dirixirse para a
esquerda e posteriormente para a dereita ata a casa do Calderillas (3km +/-
40´) Seguimos de fronte ata deixar á dereita a area recreativa e o rematar os
pastizais de Monteagudo collemos unha
carretera asfaltada para a dereita que
nos pode levar ata Monteagudo (7.65km 1h 24´), Deixaremos a esquerda o
indicador do Foxo dos lobos. Logo de 1.5 km +/- desviámonos á dereita seguindo a
ruta de BTT da Ferreirúa, ata chegar ó
cruce de Ferreiros (9km +/-...), dende aquí colleremos dirección área
recreativa (13km +/-, 2h 16) e xa voltaremos para o punto de saída na Casa
grande de Marcón, na Ferreirúa (14.98km +/-...2h 34´).
Déixovos un vídeo da ruta.
jueves, 28 de septiembre de 2017
Ruta Albergue Ancares- 3 Bispos- Pena Rubia- Albergue Ancares
Ruta de 23.900 mts nos Ancares Lucenses, na cal se pasa por dous dos picos máis emblemáticos da montaña lucense, os tres Bispos e Pena Rubia.
Ruta de dificultade alta e dunha duración de perto de 7 horas.
Non se atopa sinalizada polo que se recomenda facer con GPS .
Está perto dos límites das dúas comunidades autónomas de Castela e León e Galicia e as provincias de Lugo e León.
Paisaxes impresionantes e moi recomendable a súa realización.
Imáxenes dende tres Bispos:
Imáxenes Dende Pena Rubia:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























