jueves, 5 de octubre de 2017

Ruta Marcón-Calderillas-Foxo dos lobos- Mioteira-Marcon



RUTA: MARCÓN-CALDERILLAS-PASTIZAIS MONTEAGUDO-MIOTEIRA-CRUCE FERREIROS-ÁREA RECREATIVA AS VEIGAS-MARCÓN.


Ruta de dificultade media e con panorámicas interesantes. 
 
Distancia: 17 km          Duración: 3 h 20'+/-.
 
Puntos de interese: Adegas antigas da Ferreirúa, Muiños da corredoira, As covas, Calderillas, Pastizais de Monteagudo, Area recreativa de San Pedro, Foxo dos Lobos, Mioteira, Área Recreativa das Veigas.
 
Concellos: A Pobra do Brollón, O Incio.

Descripción da ruta:

A Ruta iníciase na Casa Grande de Marcón dirección á área recreativa, para na  metade da primeira subida dirixirse para a esquerda e posteriormente para a dereita ata a casa do Calderillas (3km +/- 40´) Seguimos de fronte ata deixar á dereita a area recreativa e o rematar os pastizais de Monteagudo  collemos unha carretera asfaltada para a dereita  que nos pode levar ata Monteagudo (7.65km 1h 24´), Deixaremos a esquerda o indicador do Foxo dos lobos. Logo de 1.5 km +/- desviámonos á dereita seguindo a ruta de BTT  da Ferreirúa, ata chegar ó cruce de Ferreiros (9km +/-...), dende aquí colleremos dirección área recreativa (13km +/-, 2h 16) e xa voltaremos para o punto de saída na Casa grande de Marcón, na Ferreirúa (14.98km +/-...2h 34´).
 
 
Déixovos un vídeo da ruta.
 



No hay comentarios: