viernes, 30 de septiembre de 2016

Ruta da Mina da Toca

Esta ruta pertence ó Concello de Folgoso do Caurel, na Provincia de Lugo.

Parte de Seoane, unha vez pasada vila, na carretera que leva ata Pedrafita do Cebreiro, cóllese un desvío a man esquerda ata chegar a Piñeira e dende aquí séguese un sendeiro sinalizado ata a mina da Toca.

Ruta de 12.5 km de distancia e de dificultade media-alta. Ten unha duración de perto de 4.5 horas.

Algunha das zonas de sinalización necesitan algunha reparación...pero en xeral, atópase en bo estado.

Deixo fotos con paisaxes e información...



















miércoles, 7 de septiembre de 2016

Kilómetro Vertical do Caurel pasando polo Pía Páxaro

 Ruta do Kilómetro Vertical do Caurel saíndo dende Ferreirós de Abaixo facendo, logo do kilómetro vertical, a ascensión ó Pía Páxaro. Son 18 km +/-...dunha ruta difícil e non apta para todo o mundo...como xa comentei na anterior entrada sobre o kilómetro vertical.

Deixo unhas fotos sobre a ruta e de paisaxe dende o Pía Páxaro...








miércoles, 31 de agosto de 2016

Sendeirismo polo Etna

Boa Subida o volcán Etna na illa italiana de Sicilia. Dúas horas de rota a carón do volcán Etna aínda activo e pola estación de esquí desta localidade...

A ruta de sendeirismo pode ter distintas posibilidades en función do nivel de condición física no que te atopes...facéndo máis ou menos dificil a ascensión e posterior descenso, podéndoa realizar dende o refuxio de sapienza ou incluso dende máis abaixo do funicular  no pobo de Nicolosi!


Enlaces sobre Sicilia.

http://www.lasicilia.es/
http://es.wikiloc.com/rutas/senderismo/italia/sicilia

Deixo información da ruta que fixen a finais de agosto do 2016...
















Ferreirós de Abaixo - Penaboa - Pía Páxaro - Ferreirós de Abaixo (O Caurel). Kilómetro Vertical.

Está rota do Kilómetro Vertical do Caurel  de dificultade alta merece a pena facela se estás en boa forma física.

Eu fíxena a primeira vez o 12-8-2016 comenzando andar ás 10h e rematando ás 16h. Non fixemos o tramo de ida e volta ata o Pia Páxaro.

A ruta comeza en Ferreirós de Abaixo, para posteriormente ir ata Ferreirós de Arriba e logo comezar a ascensión pronunciada ata o mirador de Penaboa...hai algunhas zonas de trepa e un paso estreito non apto para todo o mundo.

Posteriormente pode continuarse ata Pia páxaro 1 e 2...e logo comezar o descenso por unha pista a esquerda do cruce de pía páxaro.

Rota non apta para todo o mundo nin para épocas do ano con mala climatoloxía.

As paisaxes que se poden disfrutar son impresionantes!!!






lunes, 25 de julio de 2016

Rota polas próximidades de Cazorla



Ruta de case 24 km polas proximidades de Cazorla no Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura y las Villas, na provincia de Jaén. Fíxena un 24 de xullo e a pesar de saír ás 9h..está claro que hai que madrugar moito máis para non pasar excesivo calor nestas terras...

Esta Rota é unha variante da rota entre Cazorla-Parador Nacional-Cazorla.

Deixo a información sobre esta rota pero facéndoa dende o concello veciño da Iruela...
Iruela-Parador-Iruela  ...





jueves, 7 de abril de 2016

Ruta Marcón-Burato das Choias-Marcón (Ferreirúa)

Ruta de case 10km de distancia...polo entorno da Ferreirúa.

Sáese de Marcón en dirección á área recreativa das veigas e débese coller o segundo desvío que se atopa a  man esquerda. Logo séguese toda a pista ata unha vez pasada unha fonte de ICONA e superada unha pequena subida coller un desvío a man esquerda que vai mediante un pronunciado descenso levarnos ata o burato das choias.

Unha vez feita a visita de rigor...seguimos a ruta pola pista que nos fai deixar a esquerda ó burato das choias, para a uns 400mts +/-...desviarnos a esquerda e subir ata voltar a pista pola que viñemos anteriormente. Aquí colleremos á dereita ata retornar ó punto de partida.

Non se atopa sinalizada. Pódense facer moitas variantes.

O máis interesante que se pode realizar é a visita o burato das Choias e asemade disfrutar das maravillosas vistas.

A dificultade é media baixa.











viernes, 1 de enero de 2016

Ruta de Sendeirismo:Marcón-As Veigas-Calderillas-Marcón

Esta é unha ruta de sendeirismo polo entorno da Ferreirúa no Concello da Pobra do Brollón, Lugo.

Son 8.5 km aproximadamente (1h e 30 minutos) dunha dificultade media-baixa e non se atopa sinalizada, discorre toda por pistas de terra aptas para BTT e/ou todoterreos.










Comeza a ruta a altura da Casa grande da Ferreirúa, xuntamente co inicio da ruta de BTT daFerreirúa, na dirección da pista que leva ata a Mioteira.


Ó chegar á altura da Área recreativa das Veigas collemos un desvío a man esquerda, segue a coincidir coa sinalización da ruta de BTT, e comezamos a subir, a 300mts aproximadamente atopamos un desvío a man esquerda, o cal vamos a seguir e aquí xa deixamos de seguir a sinalización da ruta da BTT.










Seguimos subindo unha pendente pronunciada ata coroar e atoparnos cun cortafogos, a partir de aquí seguiremos de fronte  descendendo lixeiramente ata atoparnos a pista que leva para o Calderillas, a cal colleremos para a dereita, cando divisemos a casa ó  lonxe collemos a pista a esquerda que descende ata a fonte de auga-que non funciona- situada na pista que vai dende a Ferreirúa ata San Pedro do Incio.













A partir de aquí temos unha lixeira subida e logo xa descendemos ata chegar o punto de inicio na Casa Grande da Ferreirúa.








Esta ruta pode ampliarse con outras variantes, como son a de ir ata o burato das choias, subir a Mioteira, Chegar a pena dos catro cabaleiros,