viernes, 2 de julio de 2010

Ruta por San Estevo...

A pesar da amenaza de tormenta que se nos presentaba...fomos suficientemente intrépidos e arriscámonos a escomenzar a marcha e a verdade e que mereceu a pena, pois a choiva respetounos... e pasamos unha tarde agradable, tedes unha pequena escolma de fotos para que vos fagades unha idea...seguimos en contacto e preparados para a nocturna do mes de agosto(20-8-2010)...

lunes, 21 de junio de 2010

RUTA POR SAN ESTEVO O SÁBADO POLA TARDE!!!

O sábado 26-6-2010 iremos de ruta polo entorno do sil e o cabe a coñecer o mosteiro de san estevo de ribas de sil...escomenzaremos a andaina as 18h e contamos ter rematado sobre as 20.30h.

Seguiremos informando.

domingo, 30 de mayo de 2010

Máis fotos sobre a ruta por Marce e a Míllara.

Para que disfrutedes das paisaxes aqueles/as que non puidestes acompañarnos...

Ruta por Marce e a Millara

Por fin fixemos a ruta da Millara, logo de telo intentando no mes de novembro, hoxe acadamos o obxectivo que nos marcáramos hai meses.

O día escomenzámolo, non moi cedo, facendo a baixada a cascada de Augascaídas na parroquia de Marce situada no concello de Pantón, a vista tan espectacular compesou o esforzo que realizamos para baixar e posteriormente subir o desnivel que hai ata o río, e para facerlle gañas ó xantar achegámonos a contemplar as fermosas vistas que hai no castro de Marce.

Unha vez rematado esta primeira etapa e logo de despedirnos dun dos doce expedicionarios marchámonos a xantar o bocata a zona da Maiorga.

Cando rematamos o café sen deixar tempo a durmir a sesta dirixímonos ata a Míllara en donde tras un fermoso paseo a carón do Miño visitamos esta aldea que se está a rehabilitar na cal disfrutamos dunhas fermosas vistas antes de escomenzar o camiño de volta.

E para acabar o día os máis “osados” adicámonos a relaxarnos no Balneario de Augassantas...

Véremonos na seguinte...



lunes, 24 de mayo de 2010

O domingo, ruta polo entorno do Miño...

O vindeiro domingo iremos facer sendeirismo polas terras de Pantón, primeiramente achegarémonos a cascada de Augacaida en Marce, posteriormente comeremos o bocadillo en A maiorga e logo voltaremos a camiñar pola Míllara, os que sexan máis ousados irán a relaxarse ó circuito acuático de augassantas...

Seguimos informando...

miércoles, 28 de abril de 2010

Ribeira de Vilachá

O domingo cumplimos coa ruta que no seu día aprazamos por mor do mal tempo... e adentrámonos a coñecer unha das ribeiras de vilachá a cal pertence o concello da Póboa do brollón.

Iniciamos a ruta cunha temperatura agradable e según nos fomos achegando ó río Sil o sol foi aparecendo dun xeito máis evidente, sobor de todo cando tocaba a súbida o punto de partida...A vista que tivemos do río case sen auga e algo que se dará nestes meses pero que tardará en voltar a verse, polo que o esforzo mereceu a pena.

No último tramo da ruta achegámonos ó mirador da capela dende onde contemplamos unha fermosa panorámica sobre esta parte do canón tan fermosa...para aqueles que aínda non a coñezades e algo que merece a pena.

A pesar do esforzo feito xa andamos a preparar a nova saída...Seguiremos informando!!!

martes, 20 de abril de 2010

Saída hacia Vilachá...

O domingo 25-4-2010 faremos a ruta que no seu día aprazamos por mor das condicións metereolóxicas adversas...

Saíremos da Póboa sobre as 10 da mañá para escomenzar a andar entorno as 10.30h, voltaremos para xantar na casa!!!.

Seguimos en contacto.