Por fin fixemos a ruta da Millara, logo de telo intentando no mes de novembro, hoxe acadamos o obxectivo que nos marcáramos hai meses.
O día escomenzámolo, non moi cedo, facendo a baixada a cascada de Augascaídas na parroquia de Marce situada no concello de Pantón, a vista tan espectacular compesou o esforzo que realizamos para baixar e posteriormente subir o desnivel que hai ata o río, e para facerlle gañas ó xantar achegámonos a contemplar as fermosas vistas que hai no castro de Marce.
Unha vez rematado esta primeira etapa e logo de despedirnos dun dos doce expedicionarios marchámonos a xantar o bocata a zona da Maiorga.
Cando rematamos o café sen deixar tempo a durmir a sesta dirixímonos ata a Míllara en donde tras un fermoso paseo a carón do Miño visitamos esta aldea que se está a rehabilitar na cal disfrutamos dunhas fermosas vistas antes de escomenzar o camiño de volta.
E para acabar o día os máis “osados” adicámonos a relaxarnos no Balneario de Augassantas...
Véremonos na seguinte...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario