sábado, 3 de julio de 2021

Ruta Sendeirismo. Ruta Río Loio-Rio miño- Aldosende.

 

Travesía de 22 km ó longo da Ribeira sacra, polo concello de Paradela no sur da provincia  de Lugo. Son case 7h de ruta con moi boas paisaxes e moita sombra, con certa dificultade nalgún tramo.

Consiste na unión de 2 rutas a Ruta do Loio, sobre 9 km, e a Ruta do camiño vello de Aldosende ata Santa Marta, sobre 12 km.

Empeza en Paradela a carón do centro de saúde e da piscina municipa e seguindo a ruta do Loio chegas ata o restaurante do loio e a partir de aí pola carretera asfaltada vas atopar o inicio “ ou final” da ruta do pobo de Aldosende ata o mirador de Santa Marta.

 Magníficas paisaxes sobre o rio loio e sobre o río Miño.

 Pódense facer as duas rutas por separado a ruta do Loio (PR-G 14) e a Ruta camiño vello de Altosende (PR-G 249)

 Dificultade media-alta.

Déixovos un vídeo da ruta















sábado, 1 de mayo de 2021

Ruta Forgas- A Veneira_ Forgas. Circular.

 

Ruta de 10 km aproximadamente. Circular.

Esta variante non se atopa sinalizada e hai zonas en mal estado, nas cales hai que ir pegados ó rio Forgas.


Hai que atopar unha mellor opción a partir de Forgas de arriba, para poder conectar co camiño que forma parte do ruta de BTT da Ferreirúa.


Ten moi boas posibilidades.

Deixo un vídeo.

lunes, 26 de abril de 2021

Ruta Ribeira Sacra: PRG-162: Santo Estevo de Rivas do Miño-A cova

 Ruta lineal de 19km de subidas e baixadas.

Pertence ó concello de Escairón.

Son 5 horas e 30 minutos de duración aproximadamente.

Nivel de dificultade medio-alto.

 Está moi ben sinalizada.


Paisaxes moi bonitas e interesantes.

Puntos de interés: Igrexa de Santo Estevo de rivas do miño, Diomondi, Pobo de Belesar, Praia da cova.


 

Deixovos un vídeo da ruta.














domingo, 4 de abril de 2021

Ruta do Monte Pindo. Circular polo Ézaro.

 Ruta de 15 km  dificultade media-alta. De 4h a 5h de duración.

Circular baixando polo embalse do Ézaro e con tramos de asfalto.


Pódese facer de ida e volta ata a moa.

Vistas impresionantes sobre o finisterre galego e sobre a praia de carnota,

Moita rocha sobre a que hai  que andar.


Deixovos un vídeo sobre a ruta feita no mes de abril.










domingo, 28 de marzo de 2021

Ruta do Ouro e do Camiño Real. Margaride. Quiroga.

 

Ruta interesante!

Son 15.50 km de distancia e sobre 5h e 30 minutos de duración. Dificultade media-alta. Na que se sube e baixa de xeito habitual.

O acceso é en Margaride na LU-5003, logo de desviarse da N-120 que une Ourense con Ponferrada.

Enlace da ruta do Concello Quiroga.

Cando a fixen había algún tramo que non estaba sinalizado, sobor de todo perto de Cobas.

https://gl.wikiloc.com/rutas

Vídeo da ruta

O pobo de Margaride ven merece unha visita aínda que non se vaia facer a ruta, pola decoración do pobo e as minas de ouro e a exposición que ten da catapulta, etc. Ten moi perto o rio lor e os pregamentos na montaña de freixeiro, etc...








jueves, 18 de febrero de 2021

Ruta Forgas_Veneira

 Ruta entre as localidades de Forgas e Veneira de Roques no concello da Póboa do Brollón.



Ruta variante I

 





lunes, 14 de diciembre de 2020

Ruta de Sendeirismo da Casela ata o Alto do Castro (Variante Longa)

 Son 20km de distancia e máis de 4h 30´para facer esta ruta case circular en todo o seu percorrido.


Sae dos límites dos concellos de Samos e do Incio e das localidades da Rexoa e da Casela.

 Vistas panorámicas moi destacables e paso pola pena dos 4 cabaleiros e o alto do castro.

Deixo un vídeo da ruta