Travesía de 22 km ó longo da Ribeira sacra,
polo concello de Paradela no sur da provincia
de Lugo. Son case 7h de ruta con moi boas paisaxes e moita sombra, con
certa dificultade nalgún tramo.
Consiste na unión de 2 rutas a Ruta do Loio,
sobre 9 km, e a Ruta do camiño vello de Aldosende ata Santa Marta, sobre 12 km.
Empeza en Paradela a carón do centro de saúde
e da piscina municipa e seguindo a ruta do Loio chegas ata o restaurante do
loio e a partir de aí pola carretera asfaltada vas atopar o inicio “ ou final”
da ruta do pobo de Aldosende ata o mirador de Santa Marta.
Déixovos un vídeo da ruta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario