jueves, 23 de julio de 2015

RUTA DO ENCORO VILASOUTO (INCIO -LUGO)



Ruta de apenas 5 km de distancia que discorre entorno o encoro de Vilasouto- Concello do Incio- na Provincia de Lugo.
Sendeiro ben coidado e con moi boas posibilidades para practicar sendeirismo e incluso permite correr facilmente. Ten moitas árbores e zonas de sombra o que a fan ideal para épocas de verán e primavera.
Sen apenas desnivel permite que sexa ideal para persoas que non estean acostumadas a facer moita actividade física.
Mágoa que non se aproveite máis este entorno tan privilexiado.
Sería ideal que  puideran completar  a ruta de xeito circular entorno a todo o encoro!!!


















jueves, 28 de mayo de 2015

Ruta de Uxio Novoneira





Ruta de 10 km de distancia aproximada (2 horas) a cal discorre entre sendeiros e algún tramo de pistas asfaltadas.

Comézase xunto a Aula da Natureza de Moreda
 (Caurel) e logo de pasar polo medio do pobo a ruta diríxese ata unha capela a partir 
da cal  comezamos un sendeiro que se comparte coa ruta do monte Cido ata chegar ó mirador dende o cal podemos observar o Castelo de Carbedo-ou o que queda del...- proséguese a ruta por medio dun bosque en lixeiro descenso...e nunha zona mal sinalizada- ata chegar á carretera que une Seoane con Moreda- Collemos dirección Moreda e a 200mts aproximadamente desviarémonos para a dereita por unha pista de terra en ascensión e entre árbores ata chegar o pobo de Parada. Pasaremos por diante da casa de Uxio Novoneira e posteriormente, xa por pista asfaltada e cun lixeiro descenso, dirixirémonos para o punto de Partida en Moreda, na aula da Natureza.











domingo, 19 de abril de 2015

Pena dos Catro Cabaleiros entrando pola Veneira de Roques



RUTA:   VENEIRA-ALTO DO CASTRO-CATRO CABALEIROS-BUSTO-VENEIRA

Interesante ruta no Concello da Pobra do Brollón, con distintas posibilidades de realización.

DISTANCIA:14.5KM

DURACIÓN:2.5-3h

DESCRIPCIÓN: Saída da parte de enriba do pobo da  Veneira, seguir a pista que pasa por diante da canteira de pedra e do tanque de auga contra os lumes, ata chegar o cruce no que se pode ir para ó Incio (seguindo de fronte) para Monteagudo (para a esquerda) e para a pena dos Catro Cabaleiros-Parada Dos Montes (para a dereita). Seguiremos a pista da dereita e posteriormente desviarémonos para a esquerda en lixeira ascensión para o alto do castro. Unha vez no alto do castro comezaremos a descender lixeiramente pola pista de terra ata chegar a un desvío para a dereita o cal nos levará ata a pena dos catro cabaleiros. Unha vez na pena dos catro cabaleiros seguiremos polo cortalumes da dereita ata chegar a pista que une a Veneira con Parada dos Montes. Unha vez na pista colleremos para a dereita o que nos vai permitir pasar por enriba do pobo rehabilitado do Busto e regresar ó punto de inicio da Rota na Veneira.









lunes, 30 de marzo de 2015

Ruta de Sendeirismo por Perros Guirec-Ploumanac´h. Bretaña Francesa.

Bonita ruta pola costa da morte da Bretaña Francesa, na zona de Perros Guirec-Ploumanac´h. Tamén coñecida como costa do granito rosa.

Ruta de Sendeirismo doada que discurre á beira do mar e entre grandes rochas de granito rosado.
Sen apenas desnivel está perfectamente sinalizada e pode facerse de ida e volta. Eu non coñezo o xeito de facela circular.

Outras rutas nesta zona son as que aparecen neste enlace.











martes, 17 de febrero de 2015

Ruta de Sendeirismo: Laxe-Soesto-Traba



Bonita ruta de sendeirismo pola costa da morte galega.

Son oito kilómetros a carón do mar no Concello de Laxe, Provincia da Coruña.

É unha ruta apta para calquer nivel de sendeirista e cunhas paisaxes impresionantes podendo facerse tamén en bicicleta de montaña en calquera época do ano.

A saída dende Laxe permite atoparse coa praia de Soesto e posteriormente chegar ata a de Traba.

Para máis información sobre a ruta recoméndovos visitar a  páxina de Wikiloc e/ou a páxina do Concello de Laxe na sección de turismo deportivo, onde atoparedes ampla información sobre esta e outras rutas que se poden facer pola zona.

Aquí tedes algunhas fotos...



 
 












lunes, 5 de enero de 2015

Ruta de Sendeirismo: Viana do Castelo-Santa Lucia (Trilho dos Canos da Agua)

Ruta de sendeirismo pola zona norte de Portugal, en concreto en Viana do Castelo.

A ruta do Trilho dos canos da Auga que vai dende Viana do Castelo ata Santa Lucia o Montmartre de Viana do Castelo.


Datos básicos de información:

Turismo de Viana do Castelo.

Federación Portuguesa de Montaña.

Rutas cortas en Portugal.





Deixo en fotos algúns datos de interese...



Santa Lucia:




Vista de Viana do Castelo dende Santa Lucia: