Bonita ruta de sendeirismo pola costa da morte galega.
Son oito kilómetros a carón do mar no Concello de Laxe, Provincia da Coruña.
É unha ruta apta para calquer nivel de sendeirista e cunhas paisaxes impresionantes podendo facerse tamén en bicicleta de montaña en calquera época do ano.
A saída dende Laxe permite atoparse coa praia de Soesto e posteriormente chegar ata a de Traba.
Para máis información sobre a ruta recoméndovos visitar a páxina de Wikiloc e/ou a páxina do Concello de Laxe na sección de turismo deportivo, onde atoparedes ampla información sobre esta e outras rutas que se poden facer pola zona.
Aquí tedes algunhas fotos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario