domingo, 19 de abril de 2015

Pena dos Catro Cabaleiros entrando pola Veneira de Roques



RUTA:   VENEIRA-ALTO DO CASTRO-CATRO CABALEIROS-BUSTO-VENEIRA

Interesante ruta no Concello da Pobra do Brollón, con distintas posibilidades de realización.

DISTANCIA:14.5KM

DURACIÓN:2.5-3h

DESCRIPCIÓN: Saída da parte de enriba do pobo da  Veneira, seguir a pista que pasa por diante da canteira de pedra e do tanque de auga contra os lumes, ata chegar o cruce no que se pode ir para ó Incio (seguindo de fronte) para Monteagudo (para a esquerda) e para a pena dos Catro Cabaleiros-Parada Dos Montes (para a dereita). Seguiremos a pista da dereita e posteriormente desviarémonos para a esquerda en lixeira ascensión para o alto do castro. Unha vez no alto do castro comezaremos a descender lixeiramente pola pista de terra ata chegar a un desvío para a dereita o cal nos levará ata a pena dos catro cabaleiros. Unha vez na pena dos catro cabaleiros seguiremos polo cortalumes da dereita ata chegar a pista que une a Veneira con Parada dos Montes. Unha vez na pista colleremos para a dereita o que nos vai permitir pasar por enriba do pobo rehabilitado do Busto e regresar ó punto de inicio da Rota na Veneira.









lunes, 30 de marzo de 2015

Ruta de Sendeirismo por Perros Guirec-Ploumanac´h. Bretaña Francesa.

Bonita ruta pola costa da morte da Bretaña Francesa, na zona de Perros Guirec-Ploumanac´h. Tamén coñecida como costa do granito rosa.

Ruta de Sendeirismo doada que discurre á beira do mar e entre grandes rochas de granito rosado.
Sen apenas desnivel está perfectamente sinalizada e pode facerse de ida e volta. Eu non coñezo o xeito de facela circular.

Outras rutas nesta zona son as que aparecen neste enlace.











martes, 17 de febrero de 2015

Ruta de Sendeirismo: Laxe-Soesto-Traba



Bonita ruta de sendeirismo pola costa da morte galega.

Son oito kilómetros a carón do mar no Concello de Laxe, Provincia da Coruña.

É unha ruta apta para calquer nivel de sendeirista e cunhas paisaxes impresionantes podendo facerse tamén en bicicleta de montaña en calquera época do ano.

A saída dende Laxe permite atoparse coa praia de Soesto e posteriormente chegar ata a de Traba.

Para máis información sobre a ruta recoméndovos visitar a  páxina de Wikiloc e/ou a páxina do Concello de Laxe na sección de turismo deportivo, onde atoparedes ampla información sobre esta e outras rutas que se poden facer pola zona.

Aquí tedes algunhas fotos...



 
 












lunes, 5 de enero de 2015

Ruta de Sendeirismo: Viana do Castelo-Santa Lucia (Trilho dos Canos da Agua)

Ruta de sendeirismo pola zona norte de Portugal, en concreto en Viana do Castelo.

A ruta do Trilho dos canos da Auga que vai dende Viana do Castelo ata Santa Lucia o Montmartre de Viana do Castelo.


Datos básicos de información:

Turismo de Viana do Castelo.

Federación Portuguesa de Montaña.

Rutas cortas en Portugal.





Deixo en fotos algúns datos de interese...



Santa Lucia:




Vista de Viana do Castelo dende Santa Lucia:

sábado, 8 de noviembre de 2014

RUTA DAS CASTAÑAS E DO MEL. SALCEDO, POBRA DO BROLLON. LUGO

Ruta circular de dificultade media-baixa polas proximidades de Salcedo.

Boa ruta para facer en calquera época do ano, pero recomendable especialmente no outono e na primavera.

Sáese do pobo de Salcedo e logo de contemplar as paisaxes sobre o canón do río Lor chégase ata o souto de paramedela  donde podemos disfrutar dun sequeiro rehabilitado.

Xa de volta podemos observar o río Loureiro e as numerosas albarizas que se sitúan a carón do sendeiro.

A duración pode estar en torno as 3 horas sendo a maior dificultade a superación do desnivel dende o río Loureiro ata o pobo de Salcedo que está perto dos 300mts.

Pode ter algún inconvinte a sinalización, pois hai zonas nas que os sinais non se ven...!!!

En xeral, ruta moi recomendable!!!


Deixo información nas fotos dos paneis que están ó inicio da ruta no local social de Salcedo-Pobra do Brollón e tamén algunha foto sobre as paisaxes do outono do 2014.








viernes, 31 de octubre de 2014

DEVESA DA ROGUEIRA, CAUREL


Ruta de sendeirismo imprescindible na visita a Serra do Caurel, Lugo.

Boa para disfrutar en calquera estación do ano...!!!

En función do percorrido que se escolla será necesario un maior ou menor nivel de condición física.

Na actualidade hai dúas variantes sinalizadas (Rogueira I e Rogueira II).

A saída dende Moreda (Rogueira I) e quizais a que presenta un maior nivel de dificultade. Pódese facer en 5-6 horas.

Tamén se pode facer unha mestura das dúas rutas e completar unha ruta de dificultade media-alta.

A ruta curta son 10km  aproximadamente e pódese facer en 3 h aproximadamente.

Deixo unhas fotos do panel informativo co mapa das posibles rutas e o perfil.

Enlaces recomendados:

http://www.fontedomilagro.org/

Camping caurel






Aquí tedes o mapa da ruta completa, sinalada con puntos azuis cada km.


Perfil da ruta completa.


Dende Moreda ata o cumio de Formigueiros suele levar unhas 3 horas, para facer 8 km aproximadamente.