sábado, 31 de julio de 2021

Ruta Sendeirismo Poliatura. Bubal. Biescas. Huesca.

 Pequena ruta de 6 km aproximadamente e 1h 30 minutos de duración, sen apenas dificultade.


Atópase no concello de Biescas - Huesca.

Os puntos de interese son as panorámicas á beira do río, o pobo en rehabilitación -Polituara- e unha visión do encoro impresionante dende o fondo do canal...

Deixo un vídeo sobre a ruta.



Proximamente publicarei fotos da ruta.



martes, 6 de julio de 2021

Ruta das Pasarelas do paiva. Portugal

 

 Esta ruta empeceina  en Espiunca e remateina en Areinho. Son 8 km +/- e entorno a 2.5h. Dificultade media. Parece ser que é a opción máis dificil das dúas (a outra sería empezar en Areinho). Hai taxis ó rematar o percorrido por se non queres facer ida e volta.

Ós 4km tes unha saída, na que podes rematar a andaina e tes a posibilidade de chamar un taxi para que veña recollerte.

Cobran 2 euros por facela, se mercas a entrada por Internet é 1 euro.

 

"Los Passadiços del Paiva se encuentran en la margen izquierda del río Paiva, en el municipio de Arouca, distrito de Aveiro, Portugal. Los accesos están hechos por los extremos de los mismos y la ruta puede tener sus inicios en Espiunca o Areinho".


A distancia dende Monforte ata Arouca son 314km e faise en 3.30 horas.


A distancia dende Monforte ata Espiunca son 299km e faise en 3.38 h aproximadamente.


Vídeo

https://www.relive.cc/view/vDqgeVxDjVO

 pasarelas do paiva

http://www.passadicosdopaiva.pt/es

 

 




















sábado, 3 de julio de 2021

Ruta Sendeirismo. Ruta Río Loio-Rio miño- Aldosende.

 

Travesía de 22 km ó longo da Ribeira sacra, polo concello de Paradela no sur da provincia  de Lugo. Son case 7h de ruta con moi boas paisaxes e moita sombra, con certa dificultade nalgún tramo.

Consiste na unión de 2 rutas a Ruta do Loio, sobre 9 km, e a Ruta do camiño vello de Aldosende ata Santa Marta, sobre 12 km.

Empeza en Paradela a carón do centro de saúde e da piscina municipa e seguindo a ruta do Loio chegas ata o restaurante do loio e a partir de aí pola carretera asfaltada vas atopar o inicio “ ou final” da ruta do pobo de Aldosende ata o mirador de Santa Marta.

 Magníficas paisaxes sobre o rio loio e sobre o río Miño.

 Pódense facer as duas rutas por separado a ruta do Loio (PR-G 14) e a Ruta camiño vello de Altosende (PR-G 249)

 Dificultade media-alta.

Déixovos un vídeo da ruta