RUTA BTT DA FERREIRÚA
(opción Sendeirismo)
Ruta que parte do
pobo da Ferreirúa en dirección á Mioteira e a área recreativa das veigas, logo
deste cruce cóllese camiño cara Monteagudo e nos pastizais deste pobo vaise en
dirección ó foxo dos lobos ata chegar o pobo da Veneira, onde se poden observar
as minas abandonadas de Ferro, a partir de aquí descéndese ata o río e logo a
carón del chégase o muiño da pomba e volvemos ascender ata chegar á Mioteira e
dende aquí volvemos descender ata o inicio da ruta na Ferreirúa.
Hai posibilidade de facer conexións para aumentar ou diminuir a ruta e conectar o Concello da Póboa de Brollón co do Incio, de feito parte da ruta pertence a este último concello.
Distancia: 22 km
+/-
Duración:
(andando) 5h +/-
Altura máxjma:
1133mts
Altura mínima:
496mts
Dificultade:
Media-Alta.
Observacións: Na
data feita (7-12-18) hai cruces que non se atopan ben sinalados, polo que se
recomenda preparar previamente a ruta para non perderse.
Deixo fotos da Ruta...
https://www.relive.cc/view/rt10002626541
![]() |
| Muiño da pomba |

![]() |
| Pastizais de Monteagudo |
![]() |
| Panorámica da ruta co Calderillas ó fondo |
![]() |
| Panorámica do Incio |
![]() |
| Panorámica dende a subida das Veigas |
![]() |
| Ponte sobre o río Forgas |
![]() |
| Sequeiro da Veneira |
![]() |
| Vistas dende a Veneira |
![]() |
| Sendeiro baixando da Veneira |
![]() |
| Veneira de Roques |
![]() |
| Ruinas do muiño da Pomba |












































