miércoles, 8 de noviembre de 2017

Ruta Pregamento Xeolóxico Campodola, Quiroga

Ruta Pregamento Xeolóxico de Campodola, pertence o Concello de Quiroga, no sur da provincia de Lugo.


A ruta feita de xeito lineal son 7km. O inicio pode ir dende o pobo de Leixazos ata Campos de Vila ou o revés.



Se se realiza dende Leixazos a súbida é escasa, máis se se fai dende Campos de Vila a subida é interesante...








A Parte máis interesante, dende o punto de vista estético, quizás sexa a que vai dende Leixazós ata o cumio do  monte de Campos de Vila, que coincide co Canón do río Ferreiriño...







Ruta ben sinalizada e que se realiza perfectamente en calquera das súas formas posibles!

 

Deixo un vídeo feito no outono do 2020.

miércoles, 11 de octubre de 2017

Ruta Cobadelas, Teixeira, San Vitoiro, Cobadelas

Ruta Circular dende Cobadelas ata ó San Vitoiro e volta ata Cobadelas.

Son 9 km doados, que se poden facer en 2 horas aproximadamente, podendo facer variantes da ruta para ampliar/reducir a dificultade e/ou a distancia.

Deixovos un vídeo da ruta











martes, 10 de octubre de 2017

Ruta Cobadelas- Forgas- Ferreirúa

Ruta dende Cobadelas pasando por Forgas, Ferreiros e rematando na Ferreirúa.
Son 10km aproximadamente e case duas horas de percorrido, case todo de descenso e algún tramo de descenso, pero que merece a pena facela polas paisaxes que se poden disfrutar.

















jueves, 5 de octubre de 2017

Ruta Marcón-Calderillas-Foxo dos lobos- Mioteira-Marcon



RUTA: MARCÓN-CALDERILLAS-PASTIZAIS MONTEAGUDO-MIOTEIRA-CRUCE FERREIROS-ÁREA RECREATIVA AS VEIGAS-MARCÓN.


Ruta de dificultade media e con panorámicas interesantes. 
 
Distancia: 17 km          Duración: 3 h 20'+/-.
 
Puntos de interese: Adegas antigas da Ferreirúa, Muiños da corredoira, As covas, Calderillas, Pastizais de Monteagudo, Area recreativa de San Pedro, Foxo dos Lobos, Mioteira, Área Recreativa das Veigas.
 
Concellos: A Pobra do Brollón, O Incio.

Descripción da ruta:

A Ruta iníciase na Casa Grande de Marcón dirección á área recreativa, para na  metade da primeira subida dirixirse para a esquerda e posteriormente para a dereita ata a casa do Calderillas (3km +/- 40´) Seguimos de fronte ata deixar á dereita a area recreativa e o rematar os pastizais de Monteagudo  collemos unha carretera asfaltada para a dereita  que nos pode levar ata Monteagudo (7.65km 1h 24´), Deixaremos a esquerda o indicador do Foxo dos lobos. Logo de 1.5 km +/- desviámonos á dereita seguindo a ruta de BTT  da Ferreirúa, ata chegar ó cruce de Ferreiros (9km +/-...), dende aquí colleremos dirección área recreativa (13km +/-, 2h 16) e xa voltaremos para o punto de saída na Casa grande de Marcón, na Ferreirúa (14.98km +/-...2h 34´).
 
 
Déixovos un vídeo da ruta.
 



jueves, 28 de septiembre de 2017

Ruta Albergue Ancares- 3 Bispos- Pena Rubia- Albergue Ancares


Ruta de 23.900 mts nos Ancares Lucenses, na cal se pasa por dous dos picos máis emblemáticos da montaña lucense, os tres Bispos e Pena Rubia.

Ruta de dificultade alta e dunha duración de perto de 7 horas.

Non se atopa sinalizada polo que se recomenda facer con GPS .

Está perto dos límites das dúas comunidades autónomas de Castela e León e Galicia e as provincias de Lugo e León.

Paisaxes impresionantes e moi recomendable a súa realización.







Imáxenes dende tres Bispos:




Imáxenes Dende Pena Rubia:



martes, 19 de septiembre de 2017

Ruta 4 Cabaleiros entrando polo cruce de Parada de Montes

Ruta pertencente ó concello da Pobra do brollón, na que se xuntan 4 concellos: Pobra do Brollón, Samos, Incio e Caurel.


Distancia: 12.5 Km +/- 

Tempo: 2.5-3 horas

Dificultade: Media

Percorrido: Iníciase no cruce de parada dos montes, pasase por enrriba do Busto e por baixo das canteiras de pedra, chégase o cruce coas pistas da veneira e do incio, logo de ascender ata o alto do castro baixase polo cortafogos ata onde está a mesa da pena dos 4 cabaleiros  e dende ahí seguese polo cortafogos e as indiccacións da ruta de BTT de Salcedo ata a carretera que traíamos o inicio e dende ahí voltamosó punto de inicio.
O primeiro tramo é todo en ascenso ata o alto do castro a partir de ahí e descender e llanear.

Observacións:  Ten varias posibilidades de inicio e de aumentar a ruta.
As posibilidades de inicio son no Busto e na Veneira.
 







jueves, 7 de septiembre de 2017

Ruta de Marsalforn-Wied il-Ghasri. Gozo.Malta

Ruta de Marsalforn a Wied il-Ghasri na illa de Gozo en Malta de 3.7 km aproximadamente que se pode facer en 45 minutos todo a carón do mar e con vistas a acantilados e numerosas salinas. Dificultade baixa e moi recomendable.
Aquí so falamos do traxecto nun único sentido.

Outras Rutas de Gozo





miércoles, 6 de septiembre de 2017

Ruta Illa Comino. Malta

Ruta Circular pola illa de Comino pertencente ó país de Malta.

Ruta moi fácil de case 6 km aproximados e cunha duración entorno de 1h e 30 minutos.
Con pequenos desniveis e cunhas magnificas vistas de toda a illa. Pódense facer distintas variantes que coinciden cos camiños que empregaban os antigos habitantes da illa.

Outras rutas de sendeirismo por Malta
.