Os 28 participantes fixemos un primeiro traxecto superando un desnivel de 400mts ata acadar o cumio da Mioteira (supera os 800mts de altitude) para poder disfrutar das vistas nocturnas que se podían observar grazas á noite tan clara que nos acompañou.
O ascenso levounos 2 horas e apenas 2 persoas tiveron que axudarse nalgún tramo do coche escoba, no descenso so empregamos 1hora e 30 minutos, e tod@s iamos con máis ledicia na busca do que nos esperaba no local social da ferreirúa. O xamón e o chocolate con churros que nos estaban agardando como recompensa o esforzo puxo final as 4 horas e 30 minutos do sábado desta nova edición da ruta nocturna. Agardámoste na próxima!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada