lunes, 23 de agosto de 2010

RUTA DE SENDEIRISMO NOCTURNA DA FERREIRÚA

O venres 20 de agosto do 2010 fixemos a cuarta ruta nocturna da Ferreirúa, escomenzamos a andaina as 23.50 horas do venres e rematamos as 3.30 horas do sábado.

Os 28 participantes fixemos un primeiro traxecto superando un desnivel de 400mts ata acadar o cumio da Mioteira (supera os 800mts de altitude) para poder disfrutar das vistas nocturnas que se podían observar grazas á noite tan clara que nos acompañou.

O ascenso levounos 2 horas e apenas 2 persoas tiveron que axudarse nalgún tramo do coche escoba, no descenso so empregamos 1hora e 30 minutos, e tod@s iamos con máis ledicia na busca do que nos esperaba no local social da ferreirúa. O xamón e o chocolate con churros que nos estaban agardando como recompensa o esforzo puxo final as 4 horas e 30 minutos do sábado desta nova edición da ruta nocturna. Agardámoste na próxima!!!

sábado, 7 de agosto de 2010

SENDEIRISMO NOCTURNO

O PRÓXIMO 20 DE AGOSTO DO 2010 AS 23.50 HORAS INICIAREMOS A ROTA DE SENDEIRISMO NOCTURNA DESTE ANO.

A HORA DE FINALIZACIÓN SERÁ SOBRE AS 4 HORAS DA MAÑÁ DO DÍA 21 (SÁBADO).

O PERCORRIDO SERÁ POLO ENTORNO DA FERREIRÚA; SAIRASE DE VALLOULÍ ATA O PICO DA MIOTEIRA PARA VOLTAR A VALLOULÍ.

AQUELES QUE ESTEADES INTERESADOS EN FACELA SERÍA CONVINTE QUE VOS APUNTÁRADES.

TODO ESTO SE AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS NOLO PERMITEN.

SEGUIREMOS INFORMANDO.