O pasado Venres Santo (2-2-2010) fixemos un tramo da Devesa da Rogueira, pois as condicións non nos permitiron poder acadar o plan proposto, que era realizala dende a aula da natureza-sita no pobo de Moreda-.
Como veredes nas fotos que vos presentamos máis abaixo tivemos que andar pisando a neve que cubría o sendeiro para poder adentrarnos na devesa e a pesar de que os ánimos eran vos e a ilusión tamén nos acompañaba para poder ascender ata o cumio de formigueiros decidimos deixar o que faltaba para cando as condicións fosen mellores.
Para rematar a andaina decidimos xantar no pobo de Seoane para repoñer as enerxías gastadas nesta ruta...
Agardamosvos para a próxima ruta...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario