martes, 24 de marzo de 2009

Catro cabaleiros




O domingo pasado non eramos catro cabaleiros/damas, pero case...
Escomenzamos a ruta as 10.30 horas da mañá baixo un sol imponente e fómonos achegando paseniñamente ás terras do Carballal, para posteriormente dirixirnos ó alto do Castro e contemplar as fermosas vistas dos catro Concellos(Pobra do Brollón, Caurel, Samos e Incio) que dan nome o lugar donde limitan estas fermosas bisbarras. Logo dunha pequena parada dirixímonos a mesa que representa os lindes dos catro concellos. Aquí repuxemos forzas cun pequeno aperitivo e posteriormente escomenzamos o descenso ata o punto de partida. A ruta rematámola as 13.30 horas e como homenaxe a nos mesmos fomos tomar uns cafés a recentemente inaugurada cantina de Salcedo...

Proximamente publicaremos máis fotos da ruta!!!

viernes, 20 de marzo de 2009

Ruta do 15-3-2009

Para a ruta do domingo pola zona dos catro cabaleiros, saíremos as dez da mañá do domingo dende a Ferreirúa e a volta está prevista para as 14 horas.

Vémonos o domingo.

domingo, 15 de marzo de 2009

Voltamos de ruta

Ó próximo domingo 22-3-2009, se as circunstancias nolo permiten iremos a facer sendeirismo...
Seguiremos informando!!!