lunes, 9 de mayo de 2022

Ruta da Empardeada. Sober. Lugo

 Ruta pertencente ó concello de Sober na provincia de Lugo.

Son entorno a 6 km, a versión orixinal está sinalizada e é de ida e volta. Non hai moito sitio para aparcar na zona de inicio. recoméndase empezar na igrexa de Barantes.

 Hai outras variantes, pero sen sinalizar.

 Ruta noutras aplicacións....

 

https://www.relive.cc/view/vQvynkrG8KO

 

 







 

 

 

lunes, 7 de febrero de 2022

Ruta San Vitoiro -Minas de Veneira de Roques. A pobra do brollón.

 Ruta lineal dende a  Capela de San vitoiro ata as minas da Veneira de Roques. Pasas polo pobo de cobadelas.

Pertence o concello da póboa do brollón na provincia de Lugo.

PRG 242.


Son  6.2 km de 2 horas 20 minutos aproximadamente de duración na ida. 

Se a fas de ida e volta pode levarche algo menos das catro horas.

Dificultade media. Ten algún tramo de subida pronunciada.


Deixo un vídeo.

Ten algunha casa de aluguer tanto en cobadelas coma na veneira.













domingo, 9 de enero de 2022

Esquí en Alto Campoo. Santander.

 Entrada para cando vaias a esquiar a Alto Campoo, en Santander.


Unha localidade próxima é Reinosa, ten os servizos básicos e atópase a 30¨aproximadamente da estación de Esquí.


O forfait son sobre 34 Euros e podes alugar o material por 18-21 Euros. Tes a posibiliade de alugalo con anterioridade por internet por 12 Euros aproximadamente.


Vídeo Pista Peña Labra:  https://www.relive.cc/view/vYvr4pBKzx6


Vídeo de parte da pista de Peña Labra:  https://www.relive.cc/view/vRO7VrwBgKv



jueves, 5 de agosto de 2021

Ruta Sendeirismo: Sierra de San pedro (Sabiñánigo)

 

Ruta de 12.300mts

Duración 4h 40 minutos +/-

 Provincia: Huesca

Desnivel:

 

Ruta dura na súa primeira parte, ata que se acada a ermita abandonada, logo váise polos cumios do monte e descéndese ata chegar a Allue, aquí a ruta desaparece e non hai sinalización, e hai que seguir unhas indicacións e o instinto...-pode ser perigosa esa zona ata que se atopa o sendeiro…-Unha vez atopado o sendeiro discórrese nun sube baixa ata voltar a chegar ó punto de inicio da ruta, nas piscinas de verán de Sabiñánigo.

 

Esta ruta ten moitas variantes e posibilidades de realizar.

Discorre polos Concellos de Sabiñánigo na provincia de Huesca.


Vídeo da ruta.










Ruta de Sendeirismo da Pradería de Ordesa-Gradas de Soaso- Cola de Cabalo. Huesca

Distancia: 25 km.

Duración. 5h +/-

Parque Natural de Ordesa e Monte perdido.

Dificultade: Media

Lineal, ida e volta polo mesmo sitio. Pode ter continuación con outras rutas.


Hai que chegar en coche ata o parquíng de Torla e dende alí coller un autobús (4.5Euros) que te leva ata a Pradería de Ordesa.

O primeiro tramo e todo á sombra e chan, a partir dos 2.5 km +/- empeza a ascensión.

Recomendable empezar moi cedo.

Os buses empezan a funcionar ás 6 horas da mañá.

Deixo un vídeo da ruta.













Ruta Sendeirismo; Santa Elena- Hoz de Jaca- Santa Elena

Ruta de 12.300mts

Duración 4h 40 minutos +/-

 

Provincia: Huesca

Desnivel: 631 mts

 

Ruta moi interesante, con certo nivel de dificultade e moi recomendable facela durante o bo tempo, vaise case todo o traxecto á sombra, entre árbores que van tapando os camiños polos que circula.

Ten zonas de subidas e baixadas de certo nivel de dificultade. O trazado coincide en parte cunha ruta de bici de montaña, polo que hai que ter precaucións, sobor de todo nas zonas de maior subida ou baixada.

As vistas panorámicas son moi boas e a vexetación moi interesante.

 

Discorre polos Concellos de Biescas e Hoz de Jaca.


Pode verse a tirolina que cruza o pantano.


Vídeo da ruta.










sábado, 31 de julio de 2021

Ruta Sendeirismo Poliatura. Bubal. Biescas. Huesca.

 Pequena ruta de 6 km aproximadamente e 1h 30 minutos de duración, sen apenas dificultade.


Atópase no concello de Biescas - Huesca.

Os puntos de interese son as panorámicas á beira do río, o pobo en rehabilitación -Polituara- e unha visión do encoro impresionante dende o fondo do canal...

Deixo un vídeo sobre a ruta.



Proximamente publicarei fotos da ruta.