Ruta de 10 km e 2 horas aproximadamente, que sae de Marcón, vai cara a área recreativa das veigas e unha vez pasada esta, cóllese o cortafogos oeste da Mioteira e chégase ó cumio para posteriormente comezar a baixada polo cortafogos norte, ata chegar á pista que bordea a Mioteira polo este ata coller a carretera que vai a Monteagudo, dende ahí comezamos a baixar ata chegar de novo a Marcón.
Dificultade alta, polo tramo do cortafogos, pero que merece a pena realizar se se está en forma.
Pódense realizar distintas variantes.
Espectaculares as panorámicas que se poden percibir ó longo de todo o percorrido,sobor de todo durante o traxecto do cortafogos e unha vez que se acada o cumio da Mioteira.
Agora deixo unhas fotos das vistas que hai ascendendo ata o cumio da Mioteira...
jueves, 15 de junio de 2017
miércoles, 24 de mayo de 2017
Ruta Cascada Augacaída
Ruta de 3km +/- que pode levar uns 20 minutos facela, pertence o Concello de Ferreira de Pantón e está a carón do río Miño.
Atópase perfectamente sinalizada e cunha boa pasarela que permite realizar o tramo de baixada ata a cascada sen apenas dificultade, aínda que ten desnivel, como podedes observar no perfíl que está máis abaixo.
É unha ruta de ida e volta e pódese completar coa visita o Castro de Marce, deixo outra proposta e pertence PRG 162 Ruta da ribeira sacra do miño.
sábado, 15 de abril de 2017
Ruta Castelo Monfrague. P.N. Monfrague. Extremadura
E parte da ruta do Castelo de Monfrague a carón
do río Texo (Tajo), entrando no parque por Villareal de San Carlos, na provincia
de Cáceres, comunidade autónoma de Extremadura.
Ruta de 15 km en
total (4-5 horas), aínda que Eu so fixera 12 km aproximadamente, na que se
alternan zonas sen desnivel, con outras
de súbida e baixada con certo nivel de pendiente.
Pódese considerar
de dificultade media e pódese facer en
calquer época do ano.
Zona de
importancia en canto a reserva ornitolóxica (buitres leonados, etc) e cunhas
boas paisaxes a carón do río Texo e dende o salto do Gitano e o Castelo de Monfrague.
sábado, 12 de noviembre de 2016
Ruta Río Pequeno, Seoane do Caurel
A Ruta de Río Pequeno ten unha distancia de case 15km. Inícia e remata en Seoane do Caurel (Lugo).
Os puntos de interese son: A Aldea do Mazo, Paderne, Castro De Brio, Mercurín
Ten un nivel de dificultade media e pódese facer en torno ás 6 horas.
Deixo enlaces de páxinas onde se fala desta ruta...
-Rutea
-Acampamento do Caurel

viernes, 4 de noviembre de 2016
Ruta dos Sequeiros de Mostad
Sae da aula do camping de seoane de caurel e pasa polo pobo de Esperante, a continuación discorre polos sequeiros de Mostad e no último tramo camíñase a carón do río Lor ata volver ó camping.
En determinados momentos a ruta coincide coa do río Lor.
Cando a fixen en determinadas zonas non estaba ben sinalizada...o que pode dar lugar a confusión...
Deixo fotos coa información da ruta.
domingo, 23 de octubre de 2016
Rutas Monte Aloia, Tui
Aquí deixo información sobre unha ruta de 25 km feita no monte aloia, Concello de Tui, organizada polo clube Xistra de Vigo.
Impresionante paraxe nun dos Parques Naturais de Galicia, ten moitas posibilidades para facer sendeirismo e bicicleta de montaña, polo que é moi recomendable.
rutas de wiki...
rutas de topwalks..
rutas según turismo galicia...

viernes, 30 de septiembre de 2016
Ruta da Mina da Toca
Esta ruta pertence ó Concello de Folgoso do Caurel, na Provincia de Lugo.
Parte de Seoane, unha vez pasada vila, na carretera que leva ata Pedrafita do Cebreiro, cóllese un desvío a man esquerda ata chegar a Piñeira e dende aquí séguese un sendeiro sinalizado ata a mina da Toca.
Ruta de 12.5 km de distancia e de dificultade media-alta. Ten unha duración de perto de 4.5 horas.
Algunha das zonas de sinalización necesitan algunha reparación...pero en xeral, atópase en bo estado.
Deixo fotos con paisaxes e información...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)