sábado, 15 de abril de 2017

Ruta Castelo Monfrague. P.N. Monfrague. Extremadura


E  parte da ruta do Castelo de Monfrague a carón do río Texo (Tajo), entrando no parque por Villareal de San Carlos, na provincia de Cáceres, comunidade autónoma de  Extremadura.

Ruta de 15 km en total (4-5 horas), aínda que Eu so fixera 12 km aproximadamente, na que se alternan zonas sen desnivel,  con outras de súbida e baixada con certo nivel de pendiente.

Pódese considerar de dificultade media e  pódese facer en calquer época do ano.


Zona de importancia en canto a reserva ornitolóxica (buitres leonados, etc) e cunhas boas paisaxes a carón do río Texo e dende o salto do Gitano e o Castelo de Monfrague.













sábado, 12 de noviembre de 2016

Ruta Río Pequeno, Seoane do Caurel

A Ruta de Río Pequeno ten unha distancia de case 15km. Inícia e remata en Seoane do Caurel (Lugo).


Os puntos de interese son: A Aldea do Mazo, Paderne, Castro De Brio, Mercurín

Ten un nivel de dificultade media e pódese facer en torno ás 6 horas.


Deixo enlaces de páxinas onde se fala desta ruta...

-Rutea

-Acampamento do Caurel












viernes, 4 de noviembre de 2016

Ruta dos Sequeiros de Mostad

Ruta de 6 km aproximadamente de dificultade media-baixa.

Sae da aula do camping de seoane de caurel e pasa polo pobo de Esperante, a continuación discorre polos sequeiros de Mostad e no último tramo camíñase a carón do río Lor ata volver ó camping.

En determinados momentos a ruta coincide coa do río Lor.

Cando a fixen en determinadas zonas non estaba ben sinalizada...o que pode dar lugar a confusión...


Deixo fotos coa información da ruta.











domingo, 23 de octubre de 2016

Rutas Monte Aloia, Tui

Aquí deixo información sobre unha ruta de 25 km feita no monte aloia, Concello de Tui, organizada polo clube Xistra de Vigo.

Impresionante paraxe nun dos Parques Naturais de Galicia, ten moitas posibilidades para facer sendeirismo e bicicleta de montaña, polo que é moi recomendable.


rutas de wiki...
rutas de topwalks..
rutas según turismo galicia...



viernes, 30 de septiembre de 2016

Ruta da Mina da Toca

Esta ruta pertence ó Concello de Folgoso do Caurel, na Provincia de Lugo.

Parte de Seoane, unha vez pasada vila, na carretera que leva ata Pedrafita do Cebreiro, cóllese un desvío a man esquerda ata chegar a Piñeira e dende aquí séguese un sendeiro sinalizado ata a mina da Toca.

Ruta de 12.5 km de distancia e de dificultade media-alta. Ten unha duración de perto de 4.5 horas.

Algunha das zonas de sinalización necesitan algunha reparación...pero en xeral, atópase en bo estado.

Deixo fotos con paisaxes e información...



















miércoles, 7 de septiembre de 2016

Kilómetro Vertical do Caurel pasando polo Pía Páxaro

 Ruta do Kilómetro Vertical do Caurel saíndo dende Ferreirós de Abaixo facendo, logo do kilómetro vertical, a ascensión ó Pía Páxaro. Son 18 km +/-...dunha ruta difícil e non apta para todo o mundo...como xa comentei na anterior entrada sobre o kilómetro vertical.

Deixo unhas fotos sobre a ruta e de paisaxe dende o Pía Páxaro...








miércoles, 31 de agosto de 2016

Sendeirismo polo Etna

Boa Subida o volcán Etna na illa italiana de Sicilia. Dúas horas de rota a carón do volcán Etna aínda activo e pola estación de esquí desta localidade...

A ruta de sendeirismo pode ter distintas posibilidades en función do nivel de condición física no que te atopes...facéndo máis ou menos dificil a ascensión e posterior descenso, podéndoa realizar dende o refuxio de sapienza ou incluso dende máis abaixo do funicular  no pobo de Nicolosi!


Enlaces sobre Sicilia.

http://www.lasicilia.es/
http://es.wikiloc.com/rutas/senderismo/italia/sicilia

Deixo información da ruta que fixen a finais de agosto do 2016...