A Ruta é un tramo da ruta do río Lor (50km+/-) que vai dende o Cebreiro ata a desembocadura do río lor no Río Sil en Augasmestas, xa no concello de Quiroga.
Está ruta dende Salcedo ata Froxán, ten 12.5km aproximadamente de distancia e discorre a carón do río lor, pasando por zonas de sequeiros de castañas tanto nas proximidades de Froxán, no Concello de Folgoso do Caurel, como en paramedela xa en Salcedo no Concello da Póboa do Brollón.
Pode facerse en 3h e 30 minutos aproximadamente.
A dificultade e media, pois a maior parte do percorrido faise por un sendeiro subindo e baixando con respecto o nivel do río Lor.
Tamén é posible facer a ruta de ida e volta, ben saíndo dende Salcedo ou dende Froxán.
viernes, 6 de noviembre de 2015
jueves, 5 de noviembre de 2015
Ruta del Escalerón a la Raya (P.N. Serranía Cuenca)
Ruta pertencente ó ParqueNatural da Serranía de Cuenca, comunidade de Castela a Mancha e na
provincia de Cuenca e no Concello de Uña.
Ten una distancia de
9-10km e o tempo que leva facela é de aproximadamente 2h30 minutos.
O desnivel vai dende os
1.130mts ata os 1.350mts. no punto máis alto do recorrido.
A dificultade é media.
A denominación é a PRCU-37.
A paisaxe comeza coa da
lagoa de Uña para posteriormente ir ascendendo polos escaleiróns e
logo de contemplar a paisaxe dende os cumios ir descendendo ata a
”Raya” e posteriormente rodear a lagoa.
Na localidade de Uña hai
diversos restaurantes e supermercados.
martes, 22 de septiembre de 2015
Castro de abaixo a Cubela-Castro de Abaixo
Ruta ó carón do Rio Sil no concello de Ribas do Sil na provincia de Lugo e en plena Ribeira Sacra Lucense.
Atópase perfectamente sinalizada e con posibles variantes na súa realización.A mellor e a que se fai de xeito circular pasando por Torbeo.
Son 12 km aproximadamente se se fai ida e volta polo sendeiro a carón do río Sil sendo un traxecto sen apenas desnivel.
A miña recomendación e facer a ruta a carón do río pola mañá, pois hai sombra en case todo o percorrido.
Atópase perfectamente sinalizada e con posibles variantes na súa realización.A mellor e a que se fai de xeito circular pasando por Torbeo.
Son 12 km aproximadamente se se fai ida e volta polo sendeiro a carón do río Sil sendo un traxecto sen apenas desnivel.
A miña recomendación e facer a ruta a carón do río pola mañá, pois hai sombra en case todo o percorrido.
sábado, 12 de septiembre de 2015
Ruta: A Seara-forno de cal-Formigueiros-Lagoa da Lucenza-A Seara
RUTA: A SEARA-FORNO DE CAL-FORMIGUEIROS-LAGOA LUCENZA-A SEARA
Ruta de
10 km aproximadamente dificultade
media-alta. Pásase dun desnivel de 1000mts ata 1639mts no cumio de
Formigueiros.
Está
perfectamente sinalizada e pódese realizar en calquer época do ano, tendo en
conta as especifidades de cada estación…existe a posibilidade de atopar neve ou un sol de
xustiza..., na zona do cumio non hai apenas árbores.
Pódese
realizar en 3-4h, dependendo do ritmo ó que se faga. Existe a posibilidade de poder ampliala saíndo hacia
Vieiros en vez de baixar pola zona da lágoa da lucenza.
Pertence os Concellos de Quiroga e Folgoso do Caurel.
lunes, 7 de septiembre de 2015
Ruta: Marcon (Ferreirua)- As Veigas- Ferreiros- Valloulí- Marcón
Ruta de Sendeirismo polo entorno próximo da Ferreirúa -Póbra do Brollón-.
O percorrido é o seguinte: Marcón (Ferreirúa)- Área Recreativa das Veigas- Monte de Ferreiros- Ferreiros- Valloulí-Marcón.
Son 11.3 Km de ruta a maior parte por pistas de terra e na que se comenza en ascensión e a partir dos 5 km comeza o descenso para rematar os últimos kilómetros en lixeiro ascenso.
Esta Ruta non está sinalizada!
O percorrido é o seguinte: Marcón (Ferreirúa)- Área Recreativa das Veigas- Monte de Ferreiros- Ferreiros- Valloulí-Marcón.
Son 11.3 Km de ruta a maior parte por pistas de terra e na que se comenza en ascensión e a partir dos 5 km comeza o descenso para rematar os últimos kilómetros en lixeiro ascenso.
Esta Ruta non está sinalizada!
jueves, 23 de julio de 2015
RUTA DO ENCORO VILASOUTO (INCIO -LUGO)
Ruta de apenas 5 km de distancia que discorre
entorno o encoro de Vilasouto- Concello do Incio- na Provincia de Lugo.
Sendeiro ben coidado e con moi boas
posibilidades para practicar sendeirismo e incluso permite correr facilmente.
Ten moitas árbores e zonas de sombra o que a fan ideal para épocas de verán e primavera.
Sen apenas desnivel permite que sexa ideal
para persoas que non estean acostumadas a facer moita actividade física.
Mágoa que non se aproveite máis este entorno
tan privilexiado.
Sería ideal que puideran completar a ruta de xeito circular entorno a todo o encoro!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













































