sábado, 9 de abril de 2011

Trail polo Caurel o 17-4-2011



Aínda que non sexa para facer nos...ou si!!! poño a referencia dunha proba que vai hacer a próxima fin de semana (17-4-2011) polo Caurel, por si algún vos animades.

Aquí queda o enlace da empresa que o organiza.

www.galiciamaxicatrail.com

martes, 5 de abril de 2011

Fotos da ruta de Sendeirismo pola serra da lastra

O domingo puidemos realizar a ruta que no seu dia aplazaramos por mor do mal tempo, a espera mereceu a pena, pois o día acompañounos e a zona merece moito a pena!!!
Foron pouco máis de duas horas de camiño perto do río sil e por zonas tupidas de árboreda, pasando asemade por un forno de Cal, ata chegar a Cobas e disfrutar dunha sobreira milenaria...para rematar tomando un refrixerio na casa de turismo rural Chao do Prao, xa no pobo de vilar de Silvas, ...en fin, que a mañá foi fructifera!!!

Aqui quedan unhas poucas fotos para lembrar por onde andivemos.

martes, 29 de marzo de 2011

Ruta pola lastra




Se as condicións nolo permiten o vindeiro domingo 3-4-2011 iremos facer a ruta que aplazamos, por mor do temporal, hai uns meses á serra da Lastra no concello de Rubiá, na provincia de Ourense.

Seguiremos informando.

miércoles, 5 de enero de 2011

Ruta pola Ferreirúa

o pasado domingo ás 10.15h, para comenzar ben o ano, fómonos facer unha ruta circular con saída e chegada na Ferreirúa, aínda que nos a acortamos uns 6 km, os 15 restantes foron o suficientemente "intensos" como para non olvidarnos facilmente do que fixemos.
Partimos 15 intrepid@s sendeiristas na área recreativa das veigas para comenzar o ascenso-duro...-ata os pastizais de Monteagudo, a partir de aquí fomos por un terreo máis ou menos chan ata chegar a Veneira de Roques, que parecía que a tiñamos a carreiriña dun can pero non dabamos chegado!!!dende aquí todo foi máis sinxelo, pois so tiñamos que descender ata a área recreativa das veigas onde deixáramos os coches, conquerímolo algo antes das 15h...que non está nada mal, salvo o grupo que como aínda tiña forzas baixou correndo pouco despois de pasar Monteagudo!!!
NORABOA a tódolos participantes, pois o ano escomenzamolo moi fortes!!!

lunes, 27 de diciembre de 2010

Ruta pola ferreirúa o 2-12-2011

O próximo domingo 2-12-2011 iniciaremos o ano cunha ruta pola Ferreirúa, empregaremos a mañá desperezándonos polo entorno próximo da Mioteira, Vineira, etc...

Seguiremos en contacto.

jueves, 11 de noviembre de 2010

Sendeirismo no parque natural da serra da lastra

O próximo 21 de Novembro iremos facer unha ruta de sendeirismo polo parque natural da serra da lastra, na provincia de ourense, cabe a posibilidade de xantar nunha casa de turismo rural ó rematar a ruta, polo que será necesario concretar os que nos animemos...

Seguiremos en contacto!!!

martes, 28 de septiembre de 2010

A ruta de Setembro (26-9-2010)

O domingo pola mañá saímos a facer a ruta das penas de San Vitoiro, escomenzou coa presenza da benemérita para controlar o noso inicio e como non todo podía ser bo escomenzamos cunha "pequena" subida que a algun/a d@s participantes case fai arrepentir de ter escomenzado a andaina...pero todo se acaba, incluso o que non é tan bo e logo apareceu a parte amable do percorrido que fixo que tod@s nos marcháramos coa sensación e as gañas de facer máis...!!!

Xa estamos a preparar a seguinte que probablemente non tarde máis de 15 dias en facerse a cal se acompañará dunha cea!!!

Aqui quedan as fotos da ruta.



Ata a próxima!.