martes, 23 de marzo de 2010

VENRES SANTO, SENDEIRISMO POLO CAUREL

O dia 2 de abril do 2010 iremos facela ruta da Devesa da Rogueira o Concello de Folgoso do Caurel.

Empregaremos todo o día e o rematar cearemos nalgún restaurante da zona, polo que é recomendable que os que esteades interesados o confirmedes a principios da semana que ben.

Estamos en contacto...

domingo, 21 de febrero de 2010

Suspéndese a ruta...

Debido as adversas condicións metereolóxicas suspéndese a ruta prevista para hoxe domingo.

A próxima posiblemente sexa durante as vacacións de semana santa e o destino previsto será-senon hai cambios de última hora- a devesa da rogueira, no centro mesmo da serra do cuarel...polo que se recomenda adestrar un pouco máis do habitual debido as características orográficas do sendeiro...

Seguiremos informando!!!

lunes, 15 de febrero de 2010

Ruta de Febreiro

O Domingo 21-2-2010 faremos a ruta que vai dende Vilacha ó rio Sil, pasando pola ribeira de Vilachá (ribeira de lagares) e voltaremos o punto de partida.

A hora de saída será entorno as 11h do pobo de vilachá e a duración aproximada será de 3h.

miércoles, 27 de enero de 2010

Camiño Sur a Santiago: Póboa do Brollón-Monforte de Lemos

O Pasado domingo (24-1-2010) iniciamos as andainas do 2010 cunha peregrinaxe neste novo ano santo por un tramo do camiño sur que vai dende a Póboa do Brollón ata Monforte de Lemos.

Os 26 participantes iniciaron esta nova xeira de rotas con ánimos renovados e con forza suficiente para acabar as case tres horas de camiñar sen apenas mostras de cansancio, para que vos fagades unha idea, quedades cunha escolma de fotos.




martes, 12 de enero de 2010

Próxima ruta: Camiño de Santiago

O vindeiro 24-1-2010 faremos o tramo do Camiño de Santiago que vai dende a Póboa do Brollón ata Monforte de Lemos.

A duración será aproximadamente de 2 horas.

Seguiremos informando.

miércoles, 30 de diciembre de 2009

Cea de Nadal do grupo de sendeirismo da Ferreirúa

Logo de facer a ruta de sendeirismo pola mañá fómonos cear a casa Comerciante de Vilamor (Folgoso do Caurel), como se pode observar nas fotos que veredes máis abaixo todo resultou "moito bo..." a pesar de que a climatoloxía non nos acompañou...


Agradecer o trato recibido no restaurante e o esforzo que fixeron os/as comensais que o dia seguinte tiñan que traballar, o cal non lles impediu acompañarnos!!!

¡¡¡BO REMATE DE 2009 E MELLOR 2010 PARA TODAS/OS!!!


Fotos da ruta: Ferreirúa-Burato das Choias-Ferreirúa- Nadal 2009

Un adianto, en fotos, da ruta feita o domingo 27-12-2009, seguiremos informando...