Ruta entre as localidades de Forgas e Veneira de Roques no concello da Póboa do Brollón.
Ruta variante I
Ruta entre as localidades de Forgas e Veneira de Roques no concello da Póboa do Brollón.
Ruta variante I
Son 20km de distancia e máis de 4h 30´para facer esta ruta case circular en todo o seu percorrido.
Sae dos límites dos concellos de Samos e do Incio e das localidades da Rexoa e da Casela.
Vistas panorámicas moi destacables e paso pola pena dos 4 cabaleiros e o alto do castro.
Deixo un vídeo da ruta
Ruta do Concello de Quiroga que vai dende Ponte Soldón ata Rugando.
Son 10.5 km aproximadamente de subida e baixada a carón do río Soldon e cunha duración de 3-4 horas.
Ruta lineal que se pode facer máis longa iniciándoa na Seara.
Deixovos un vídeo sobre a Ruta:
Deixo aquí uns datos básicos sobre unha posible ruta de sendeirismo, aínda sen explotar á carón do río cabe e o río Mao no concello de Monforte. son 12 km aproximadamente nos que destacaremos o azud de ribas altas e o pregamento de camporrío, relacionado co pregamento de campodolar na zona do caurel, os cales se consideran a orixe de Galicia.
Deixo un vídeo da ruta feita.
Novas sobre este plegue:
fotos do pregamento.
Ruta interesante e intensa de 16km aproximadamente e que pode levar entorno ás 5-6h facela. O nivel de Condición Física aconsellable para facela ten que ser bo, pois hai que subir e baixar nunha boa parte do recorrido.
Deixo aquí un vídeo da ruta e unhas cantas fotos. Na data que a fixen estaba bastante ben sinalizada.
Na zona do mirador de Matacás hai 2 rutas máis pequenas que se poden facer saíndo dende o mirador e que se superpoñen en tramos con esta ruta.
Ruta moi interesante e non apta para principiantes pois e un subir e baixar...vistas moi recomendables por este enclave do concello de Castro Caldelas, na provincia de Ourense.
Cabe destacar o mosteiro de san paio, aínda que se atopa abandonado.
Son 16km e case 5h de andaina, déixovos un vídeo sobre a ruta.
Aquí tedes fotos da ruta nun mes de outubro, parece que se pode facer durante todo o ano.
Ruta de sendeirismo dende a Ferreirúa ata Forgas. Nesta proposta son 5 km e pouco mais de 1 hora e con posibilidade de varias alternativas.