martes, 25 de agosto de 2020

Ruta de Kaiak Castro de Abaixo-Cubela-Castro de Abaixo.

 Ruta de Kaiak polo Río Sil, entre as localidades de Castro de Abaixo e a Cubela, pasando por Augasmestas, nos concellos de Ribas de Sil e Quiroga e a Pobra  do Brollón, na provincia de Lugo.


Cabe destacar os viñedos de Vilacha de Salvadur.

Son 13.6 km e o recorrido pode levar sobre 3h.







domingo, 16 de agosto de 2020

Ruta de Sendeirismo da Casela ata o Alto do Castro.

 Ruta perto da ruta dos 4 cabaleiros. 

Iniciase no límite entre os concellos de Samos e o Incio, en concreto nas localidades da Rexoa (Incio) e a Casela (Samos).

Síguese as indicacións dos 4 cabaleiros e a posteriori Súbese ata o alto do castro e logo pode volverse durante un tramo por outra ruta.


Son sobre 15 km e pódese facer en 3.30 h aproximadamente, a dificultade é media alta. o primeiro tramo é de subida e logo todo descenso ata o punto de partida.


As vistas merecen moito a alegría!!!


Déixovos un vídeo.













jueves, 13 de agosto de 2020

Ruta Sendeirismo da Cántara da Moura. A Veiga. Ourense.

Pequena ruta do Concello de A Veiga na Provincia de Ourense.

Pártese do núcleo de A Veiga e logo de cruzar a ponte chégase ó desvío que leva ata a Cántara da Moura.


Son 1.7 km no percorrido de ida e volta, sen apenas dificultade, pero merece a pena facela polo entorno no que se atopa.









domingo, 2 de agosto de 2020

Ruta Sendeirismo Vilanova-Pena Trevinca_Vilanova




Ruta de Sendeirismo por Pena Trevinca, circular, partindo dende Vilanova ata Pena Trevinca e de volta por sestil alto ata Vilanova pasando polas minas de Wolframio.

Son 24 km aproximadamente de ruta e sobre 7-8 horas de traxecto. Ata o pico de Pena Trevinca son 4 horas, pasando previamente polo pico maluro.

A ruta é de dificultade alta.


O inicio situase no Trisquel, moi recomendable!

Déixovos un vídeo da aplicación relive do día que fixen a ruta.

Vídeo










jueves, 23 de julio de 2020

Ruta de Kaiak. A Maiorga-Cascada de Augacaída- A Maiorga

Ruta de Kaiak polo río Miño na provincia de Lugo.

Hai moitas opcións, a que vos propoño aquí vai dende a Maiorga-no concello de -Ferreira de Pantón ata a Cascada de Augacaída.
Son apenas 2.4km de desprazamento  e máis ou menos 30´de tempo, polo río Miño so para a ida.


Déixovos un vídeo sobre a ruta.









viernes, 10 de julio de 2020

Ruta das Pedras Negras. San Vicente do Mar. Pontevedra.

Pequena ruta, apenas 6km, a carón do mar na zona de San Vicente do Mar, na zona do Grove, na provincia de Pontevedra.



Déixovos un enlace dun vídeo sobre unha parte da ruta.

https://www.relive.cc/view/vevYVddAAyO


https://www.caminandoentresenderos.com/pasarela-pedras-negras-o-grove/


domingo, 21 de junio de 2020

RUTA CASTRO DE ABAIXO-CUBELA_TORBEO_CASTRO DE ABAIXO




Ruta Circular do Concello de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra lucense a carón do río Sil.
Distancia:14 km aproximadamente
Duración: 3h 45´- 4h 30´.
Dificultade: media.
Sentido: Circular e pode empezarse en calquera dos dous sentidos.

Descrición:
Interesante ruta para facer en calquera época do ano.
Se comezas en Castro de Abaixo cara á Cubela vas saborear unha espectacular paisaxe a carón do río Sil, e da outra beira podes contemplar os viñedos da ribeira de Vilachá. Ata a Cubela son 6 km aproximadamente que na maior parte do percorrido vas á sombra da arboreda, e a maior parte do traxecto apenas ten dificultade e consiste nun pequeno subir e baixar.
Xa na Cubela podes gozar dunhas preciosas vistas sobre o parroquia e o pouco coñecido meandro...que merecen a alegría.
A partir da Cubela comeza unha ascensión ata o lugar de Torbeo, 3 km aproximadamente, que pode ser que teñas que saborear, obrigatoriamente-dependendo do teu nivel de forma física-, das fermosas vistas que vas deixando atrás.
Unha vez en Torbeo, pérdete un pouco polo lugar e se tes sorte quizás poidas ter unha conversa, sempre amena, co dono da cantina de arriba, onde che vai explicar claramente por que a bruxa de Torbeo, non era unha bruxa senón unha vidente, e asemade mentres gozas da parola toma algo nunha das poucas cantinas de toda a vida que quedan no interior de Galicia.
O regreso a Castro de Abaixo faise nun agradable descenso de apenas 4 km entre soutos de castiñeiros e algunha viña que resiste ó esquecemento.
















Déixovos un vídeo sobre a Ruta.

https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/bruja-torbeo-mito-realidad/201903291836381367938.html