miércoles, 2 de agosto de 2017

Misteiros Negros. Illa Terceira. Azores

Ruta de 5 km e 2 horas aproximadamente con dificultade media na zona central da Illa Terceira nas Azores.
Pásase por espectaculares paisaxes de lagoas, zonas de bosque e rochas volcánicas.

Está a carón dunha das cobas máis famosas da illa Terceira, como é  a gruta do Natal.










Ruta do Chambre. Biscoitos. Illa Terceira. Azores

Ruta de case 10 km e 2h e 30 minutos de duración aproximada. Dificultade media-alta e que permite visitar zonas moi diversas en canto a paisaxe e orografía, presentando zonas escarpadas e zonas completamente chairas e a carón de vacas soltas en montañas convertidas en pastizais.

Esta ruta do chambre no concello de Biscoitos

jueves, 20 de julio de 2017

Ruta polo entorno Ribadavia

Pequena ruta polo entorno do concello ourensano de Ribadavia, é unha ruta moi doada de 9 km +/- e 2 horas aproximadamente, a carón do río Miño e río Avia.

Pódese facer en calquer época do ano, salvo cando haia crecidas, posto que a ruta pode quedar anegada.

Deixo información sobre a ruta e outras posibles rutas por Ribadavia.
 




lunes, 17 de julio de 2017

Ruta Cascada Fonsagrada (Semieira deVilagocende )

Ruta da Semieira de vilagocende  ou Cascada de Fonsagrada, pertencente ó Concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo de 2.5 km aproximadamente e que se fai en menos de 1 hora.

Zona moi fermosa que merece a pena visitar en calquer época do ano, se se fai na época estival é moi recomendable ir preparad@s para darse un posible baño...

Deixo datos e fotos de cando a fixen...









domingo, 16 de julio de 2017

RUTA: A BARCA-MOSTEIRO SANTO ESTEVO- PENEDOS- MOSTEIRO SANTO ESTEVO-A BARCA.

A BARCA-MOSTEIRO SANTO ESTEVO- PENEDOS- MOSTEIRO SANTO ESTEVO-A BARCA.

Ruta de 8km aproximadamente e cunhas vistas moi boas sobre o tramo final do río cabe e a unión co rio sil. Lugar de unión das provincias de Ourense e Lugo  e os concellos de Sober, Pantón e Nogueira de Ramuín.
A maior parte do percorrido e baixo o cobixo das árbores, polo que se pode facer no outono ou no verán.

DURACIÓN:3-4 Horas

INTENSIDADE: Media-Alta.

ZONA: Ribeira Sacra. (Sober, Pantón, Nogueira de Ramuin-Lugo,Ourense-)

COMO CHEGAR: Monforte-Canaval-Rosende-Anllo-Nogueira. 30´aproximadamente.


VARIANTES: Pode unirse con outras e facela máis longa.




sábado, 15 de julio de 2017

Ruta cortafogos sur da Mioteira

Ruta de case 9 km e unha duración de 1h 40 minutos aproximadamente. O nivel de dificultade é alto polo ascenso polo cortafogos sur que presenta unha pendente moi pronunciada por momentos. Nesta ocasión parte do descenso faise tamén polo cortafogos oeste.

Deixo os datos...




viernes, 14 de julio de 2017

Ruta do Cortafogos Norte da Mioteira

Ruta de 10 km aproximadamente e 2 horas de duración con certo nivel de dificultade e que se asemella a ruta do cortafogos Oeste da Mioteira. Pódense observar boas panorámicas sobre o Calderillas.

Deixo os datos sobre a mesma...